Viernes, 14 de Noviembre de 2025

Xornal21.es
Miércoles, 23 de Junio de 2021 Tiempo de lectura:
PONTEAREAS

O Concello solicita a inclusión de Ponteareas nos puntos de activación do Carné Xove

A pesar de ser municipio de referencia para a mocidade da comarca, os preto de 5.000 ponteareás e ponteareáns beneficiarios deste carné teñen que desprazarse ata outras localidades, cos prexuízos correspondentes

A Concellaría de Mocidade que dirixe Miguel Bouzó vén de solicitar á Dirección Xeral de Xuventude da Xunta de Galicia a inclusión de Ponteareas como punto de activación do Carné Xove, que estes días está a chegar aos fogares de toda a mocidade galega.


Ponteareas é o concello cabeceira de comarca e conta con arredor de 5.000 mozos e mozas que se beneficiarán do Carné Xove. Non obstante, a Xunta deixou fóra ao municipio da rede de puntos de activación dispoñibles, “obrigando á mocidade a desprazarse a outros concellos doutras comarcas. As consecuencias negativas desta decisión unilateral da Xunta son evidentes para a mocidade ponteareá e desvirtúan por completo o obxectivo de facilitar o uso desta ferramenta por parte de todos os mozos e mozas”, asegura o edil, que destaca tamén que esta medida está xa saturando o servizo noutras localidades.


Dende o Concello non se entende esa exclusión de Ponteareas da rede de puntos de activación tendo en conta que é “concello de referencia para a mocidade da comarca, dado que aquí se desenvolven moitos servizos educativos, comerciais, deportivos ou de lecer cunha ampla participación de mozas e mozos doutras localidades, ademais de contar cunha OMIX que presta servizos durante todo o ano e que ata o de agora foi centro de expedición do Carné Xove”.


Por todos estes motivos, o Concello reclama unha explicación a esta medida e que se reconsidere a decisión “para non seguir prexudicando á mocidade de Ponteareas e da nosa comarca. Pola nosa parte, poñemos toda a nosa disposición para colaborar nas cuestións que sexan oportunas”.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.102

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.