PROVINCIA
Oito rapazas da provincia inician a súa andaina na industria musical con “Descúbreas”
Cada unha das mozas terá tres mentoras que guiarán e resolverán as súas dúbidas durante o mes e medio que dura o programa de achegamento ao mundo musical
O programa de mentorización de “Descúbreas”, a iniciativa da Deputación de Pontevedra e Regalamúsica para visibilizar ás mulleres da música, arrancou esta semana coa escolla polo xurado de selección de oito rapazas da provincia que terán asesoramento, seguimento e titorización no inicio da súa traxectoria na industria musical. As 8 mozas seleccionadas son Aroa Ferreiro, María Ferreirós, Sara Sanmartín, Eva Pico, Inés Cortegoso, Uxía González, Laura Martínez e Alicia Moreira, que terán acceso a un itinerario individualizado, cun valor estimado de mil euros, no que adquirirán coñecementos para a proxección das súas carreiras no mundo da música.
Durante estes primeiros días de mentorización estase a entrevistar ás rapazas para coñecer máis de preto os seus perfís e situación. Segundo a información extraída das súas respostas e necesidades asignaránselles tres mentoras a cada unha delas, todas elas mulleres da industria: artistas, produtoras ou representantes. As mentoras titorizarán ás participantes e terán dúas clases con cada unha durante o mes e medio que durará o programa, no que resolverán as súas dúbidas e traballarán conxuntamente para coñecer de preto o sector. Cada unha delas finalizará este programa coa gravación dunha canción propia en estudio así como coa gravación e realización dun videoclip.
O programa provincial “Descúbre-as” é un proxecto musical, didáctico, social e de igualdade, pioneiro en todo o Estado. Con esta plataforma a Deputación de Pontevedra incide na participación e promoción das mulleres na escena musical en colaboración con profesionais do sector, escolas e produtoras.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163