Miércoles, 08 de Abril de 2026

Actualizada Martes, 07 de Abril de 2026 a las 22:23:38 horas

Xornal21.es
Lunes, 21 de Junio de 2021 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

Clausura do programa da Deputación “DepoEmprende na Escola”

As 12 cooperativas creadas este ano rematan o programa cun vídeo no que se recollen tódolos produtos “fabricados” durante o curso escolar

A sexta edición do programa DepoEmprende na Escola, impulsado pola Deputación de Pontevedra para promover a cultura emprendedora entre o alumnado de Primaria de tódolos colexios públicos da provincia pechouse cun acto telemático no que os 12 centros participantes, a través das cooperativas creadas para a ocasión, presentaron os produtos elaborados de cara a súa comercialización e posterior doazón dos beneficios a entidades sociais sen ánimo de lucro.

 

No programa deste curso participaron a través da rede 333 alumnas e alumnos de Quinto e Sexto de Primaria dos colexios de Santo André de Xeve, A Xunqueira 1 e Centro de Educación Especial de Pontevedra; o Plurilingüe número 1, de Tui; o Serra-Vincios, de Gondomar; o Julia Becerra Malvar, de Ribadumia; o Plurilingüe de Cerdedo-Cotobade e o Plurilingüe Valadares, de Vigo. No acto de clausura os centros presentaron un vídeo resumo da actividade das súas cooperativas no que presentaron os produtos elaborados no programa, como chaveiros, marcapáxinas, xabóns e veas artesanais, peluches, xogos de 3 en raia, pulseiras, gardamáscaras, tazas, bolsas, camisetas e figuriñas de lá, entre outros. Os ingresos pola venda solidaria dos produtos dalgunhas cooperativas irán a parar a organizacións como o Refuxio de Animais de Cambados ou as protectoras Os Palleiros e Cadeliños.

 

A dinámica do programa implicou como cada ano a creación e xestión dunha cooperativa escolar para introducir ao alumnado no proceso de posta en marcha dunha actividade empresarial e a adquisición de competencias profesionais, ofrecendo tamén recursos ao profesorado participante. Ao longo de todo o curso escolar o estudantado pasa así polo proceso de creación legal da cooperativa, incluíndo a obtención dun Número de Identificación Fiscal (NIF); a elección dos produtos a elaborar, buscando tamén financiamento para a produción e, finalmente, a venda e comercialización que, maioritariamente, faise nos propios centros escolares. Naceron así cooperativas como “Feito con Corazón”, “KidiTui a man”, “Coopevincios”, “As Cores de Carballedo”, “Multishop” ou “Eco”, entre outras, que este ano tiveron, ademais, que lanzar os seus produtos en plena pandemia, o que dificultou moitas das actividades típicas do programa DepoEmprende, como o mercadiño final (“showroom”) no que se expoñen e venden os produtos elaborados ao longo do ano.

 

Durante este curso celebráronse tamén os programas DepoEmprende na ESO, cun total de 339 alumnos/as de 27 centros da provincia e DepoEmprende na FP, con outros 29 centros e 719 estudantes adheridos. DepoEmprende, coas súas tres modalidades (na Escola, na ESO e na FP) naceu no ano 2016 co obxectivo de levar a cultura emprendedora a diferentes etapas do Ensino. Dende a súa creación logrou a participación dun total de 2.680 alumnas/os que cursaban estudos en 104 centros educativos de toda a provincia.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.