GALICIA
A Xunta activa o Comité Provincial de Coordinación Policial contra os incendios forestais
Os delegados territoriais de Pontevedra e Vigo, Luis López e Marta Fernández-Tapias, presiden a reunión deste órgano ante a chegada do período de alto risco de lume o próximo 1 de xullo
A Xunta de Galicia vén de activar o Comité Provincial de Coordinación Policial contra os Incendios Forestais ante a chegada do verán e da época de alto risco de lumes nunha reunión celebrada esta mañá no edificio administrativo de Pontevedra baixo a presidencia dos delegados territoriais de Pontevedra e Vigo, Luis López e Marta Fernández-Tapias.
O encontro contou coa presenza do Tenente Coronel Xefe do Estado Maior da Brigada Galicia, Federico Saénz Peco, xefes territoriais, xefes de servizo de Emerxencias e Prevención de Incendios, representantes da Subdelegación do Goberno, Policía Nacional, Seprona, o Exército e Protección Civil e os responsables dos catro distritos forestais da provincia do Servizo de Prevención e Defensa Contra os Incendios Forestais (SPDCIF).
A reunión, que toma o testemuño da celebrada o pasado xoves no ámbito autonómico, serviu para poñer en marcha de xeito permanente este comité co obxectivo de reforzar a vixilancia e control nos montes e manter unha axeitada coordinación entre todas as administracións e forzas de seguridade para anticiparse aos incendios.
"Xa estamos listos para o verán 2021 no que se refire aos lumes forestais e temos todo preparado para a chegada da época de alto risco de incendio, que comezará o vindeiro 1 de xullo e se prolongará ata o 30 de setembro", explicou Luis López, que agradeceu a colaboración de todos "para favorecer o desenvolvemento das accións de investigación, vixilancia e disuasión tendentes a protexer, ante o risco de lumes, a vida dos cidadáns, os bens materiais e a riqueza forestal dos nosos montes".
Así mesmo, os representantes da Xunta de Galicia informaron de que a rede autonómica de vixilancia vén de incrementarse coa instalación de 22 cámaras máis de última xeración para mellorar o control, en tempo real, dos 71 puntos estratéxicos da nosa comunidade, que xa conta con 142 dispositivos por todo o territorio.
O Goberno galego instala 22 cámaras máis de última xeración para controlar en tempo real os 71 puntos estratéxicos e xa conta cunha rede de 142 por todo o territorio, das que 24 están na provincia de Pontevedra, onde haberá próximas ampliacións
En canto á provincia de Pontevedra, dispón para esta campaña de doce centros de transmisión de imaxes en tempo real con dúas cámaras cada un para un total de 24 en toda a provincia, que ademais vanse ampliar proximamente. Cada equipo ten un obxectivo con rotación 360 grados e outro que se orienta a obxectivos concretos.
"Grazas ao operativo deseñado pola Xunta, o traballo do persoal e o emprego das novas tecnoloxías, sobre todo coas case 150 cámaras que hai en toda Galicia, imos estar moi pendentes, as 24 horas do día, de toda a comunidade con especial interese nas Parroquias de Alta Actividade Incendiaria (PAAI) e as Zonas de Alto Risco de Incendio (ZAI)", detallou Luis López, que engadiu que as cámaras xa dan cobertura de control ao 70% do territorio.
Finalmente, e ao abeiro da activación deste comité provincial, tamén se abriu o acceso á información operativa dos lumes en tempo real para o persoal de extinción, que recibirá datos estratéxicos como o punto de inicio dos incendios, a súa evolución, os recursos existentes, os puntos de auga, a cartografía, os datos meteorolóxicos ou os medios aéreos, entre outros.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149