GONDOMAR
O alcalde de Gondomar agradece o labor e esforzo do servizo de Limpeza e Parques e Xardíns
O rexedor compartiu co persoal de ambos os servizos o galardón de “Escoba de Plata” recentemente adxudicado ao concello
O rexedor, Paco Ferreira, acompañado polo concelleiro de Medio Ambiente, Brais Misa, agradeceu o relevante papel das plantillas dos departamentos de Limpeza e Parques e Xardíns, así como de Medio Ambiente nos “avances en sustentabilidade e mellora da nosa contorna que se lograron nestes anos”.
O rexedor quixo compartir cos traballadores e traballadoras o recoñecemento da “Escoba de Plata” recentemente outorgado ao concello de Gondomar pola aposta de iniciativas e maquinaria que fomentan a sustentabilidade no municipio. Algo que, como sinalou Paco Ferreira, “non sería posible sen o traballo que día a día e en todos os recunchos dos noso concello facedes”.
Un galardón que reflicte ese traballo xunto ao recoñecemento por dous anos consecutivos de Gondomar co distintivo de “Vilas en flor”. Reiterou que só é posible “a través da cooperación e a unión a hora de traballar polos mesmos obxectivos, algo que co coidado e esmero que no desempeño do voso traballo poñedes é sempre posible”.
Animou aos traballadores a seguir traballando neste sentido e continuar sumando logros para converter Gondomar nun municipio referente de “no sur da provincia e en toda Galicia en materia de limpeza, defensa do medio ambiente e sustantibilidade”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.44