VIGO
Fernández-Tapias supervisa as obras en San Francisco 15 e Berbés 29
A presidenta do CCVV e delegada territorial en Vigo informou que os traballos avanzan a bo ritmo e recordou que estas 6 vivendas están xa en proceso de adxudicación
A presidenta do Consorcio Casco Vello de Vigo (CCVV) e delegada territorial da Xunta, Marta Fernández-Tapias, achegouse onte ata o barrio histórico para supervisar as obras en execución polo organismo público. Trátase dos inmobles das rúas San Francisco 15 e Berbés 29, actualmente en construción e que suporán a incorporación de seis novas vivendas ao histórico do ente rehabilitador.
Segundo sinalou a representante autonómica os traballos avanzan a bo ritmo e xa se pode albiscar o resultado final dos deseños interiores, especialmente en San Francisco 15 onde a execución esta máis adiantada. En conxunto seis novas vivendas que, tal e como recordou Fernández-Tapias, se atopan nestes intres en proceso de adxudicación por parte del Instituto Galego de Vivenda e Solo e que se suman as adxudicadas este ano en Berbés 41 e Abeleira Menéndez 16.
Na rúa San Francisco 15 atópanse dúas das vivendas do Consorcio, que actualmente están en execución
Número de vivendas
Características das vivendas
Prezo de venda
1
110,54 m2. 3 dormitorios. Baixo e 1º andar
188.000 €
1
119,65 m2. 3 dormitorios. 2º e 3º andar
210.000 €
As outras catro están na rúa Ribeira Berbés 29, tamén en estado de execución
Número de vivendas
Características das vivendas
Prezo de venda
1
80,05 m2. máis rocho. 1 dormitorio.
145.000 €
1
117,65 m2. máis rocho. 2 dormitorios.
215.000 €
1
118,60 m2. máis rocho. 2 dormitorios
216.500 €
1
82,40 m2. máis rocho. 2 dormitorios
152.500 €
Respecto a Berbés 41 subliñou que se trata da maior das rehabilitacións acometidas polo organismo público nos últimos cinco anos, pois suman en conxunto unha superficie total rehabilitada de 795,70 metros cadrados que agrupa tres edificios Berbés 29 e 31 e Poboadores 40, adquiridos conxuntamente no ano 2018.
Así, Fernández-Tapias destacou a intensa labor de rehabilitación desenvolvida polo Consorcio Casco Vello de Vigo desde a súa constitución, coa adquisición de 82 edificios e a posta no mercado de 111 vivendas de protección autonómica (VPA). Especialmente nunha cidade, dixo, que acumula o maior número de demandantes de vivenda e que carece de Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM).

A presidenta do Consorcio Casco Vello de Vigo (CCVV) e delegada territorial da Xunta, Marta Fernández-Tapias, achegouse onte ata o barrio histórico para supervisar as obras en execución polo organismo público. Trátase dos inmobles das rúas San Francisco 15 e Berbés 29, actualmente en construción e que suporán a incorporación de seis novas vivendas ao histórico do ente rehabilitador.
Segundo sinalou a representante autonómica os traballos avanzan a bo ritmo e xa se pode albiscar o resultado final dos deseños interiores, especialmente en San Francisco 15 onde a execución esta máis adiantada. En conxunto seis novas vivendas que, tal e como recordou Fernández-Tapias, se atopan nestes intres en proceso de adxudicación por parte del Instituto Galego de Vivenda e Solo e que se suman as adxudicadas este ano en Berbés 41 e Abeleira Menéndez 16.
Na rúa San Francisco 15 atópanse dúas das vivendas do Consorcio, que actualmente están en execución
|
Número de vivendas |
Características das vivendas |
Prezo de venda |
|
1 |
110,54 m2. 3 dormitorios. Baixo e 1º andar |
188.000 € |
|
1 |
119,65 m2. 3 dormitorios. 2º e 3º andar |
210.000 € |
As outras catro están na rúa Ribeira Berbés 29, tamén en estado de execución
|
Número de vivendas |
Características das vivendas |
Prezo de venda |
|
1 |
80,05 m2. máis rocho. 1 dormitorio. |
145.000 € |
|
1 |
117,65 m2. máis rocho. 2 dormitorios. |
215.000 € |
|
1 |
118,60 m2. máis rocho. 2 dormitorios |
216.500 € |
|
1 |
82,40 m2. máis rocho. 2 dormitorios |
152.500 € |
Respecto a Berbés 41 subliñou que se trata da maior das rehabilitacións acometidas polo organismo público nos últimos cinco anos, pois suman en conxunto unha superficie total rehabilitada de 795,70 metros cadrados que agrupa tres edificios Berbés 29 e 31 e Poboadores 40, adquiridos conxuntamente no ano 2018.
Así, Fernández-Tapias destacou a intensa labor de rehabilitación desenvolvida polo Consorcio Casco Vello de Vigo desde a súa constitución, coa adquisición de 82 edificios e a posta no mercado de 111 vivendas de protección autonómica (VPA). Especialmente nunha cidade, dixo, que acumula o maior número de demandantes de vivenda e que carece de Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM).





































Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149