Viernes, 12 de Diciembre de 2025

Xornal21.es
Miércoles, 23 de Junio de 2021 Tiempo de lectura:
MOS

A bandeira multicolor loce en bancos das zonas máis concorridas de Mos

Un concurso de frases reivindicativas é outra das iniciativas organizadas desde as concellerías de Mocidade, Participación Cidadá e Política Social e Igualdade

Os concelleiros Leo Costas e Sara Cebreiro presentaron hoxe as iniciativas municipais para conmemorar o Día do Orgullo LGTBI+ que se celebra o vindeiro luns 28 de maio. Fixérono nas Angustias, Sanguiñeda, onde se atopa un dos varios bancos coa bandeira multicolor, pintados estes días na localidade mosense, de xeito conmemorativo con motivo da devandita data.

 

De novo este ano por mor da Covid-19 non se poderá realizar unha programación con actividades presenciais pero desde as concellerías de Mocidade, Participación Cidadá e Política Social e Igualdade que dirixen os edís, Leo Costas e Sara Cebreiro, respectivamente, ideáronse iniciativas acordes coa situación actual para conmemorar o Día Internacional do Orgullo LGTBI+:

  • II Concurso frase conmemorativa polo día LGTBI+ que se exporá na fonte da rotonda das Angustias.
  • Pintado de varios bancos en lugares destacados do concello, coa bandeira LGBTI+ (entre eles o auditorio Multiusos, Puxeiros e Sanguiñeda). En apoio a diversidade e reivindicando os dereitos das persoas deste colectivo.
  • Ademais, como non podía ser doutro xeito, colocarase no balcón do Concello a bandeira LGBTI+ como todos os anos.

 

O Concurso da frase para exposición na fonte das Angustias ten un prazo de presentación de candidaturas que comezou o 19 de xuño e remata hoxe 23 xuño.

 

Para o envío as persoas participantes no concurso deben remitir un correo electrónico ao enderezo omix@concellomos.es coa frase conmemorativa que presenten a concurso (dúas por persoa), nome, idade, dirección e teléfono de contacto.

 

Poden participar as persoas maiores de 12 anos.

 

As frases que se presenten a concurso deben constar dun máximo de 30 caracteres con espazos, contabilizándose como 1 carácter cada espazo. Ningunha frase poderá superar esta lonxitude. As frases deberán conter unha mensaxe que reivindique os dereitos ou empoderen ás persoas LGTBI+.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.60

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.