Viernes, 03 de Abril de 2026

Actualizada Viernes, 03 de Abril de 2026 a las 09:23:12 horas

Xornal21.es
Sábado, 26 de Junio de 2021 Tiempo de lectura:
TOMIÑO

Tomiño renova 217 puntos de luz para reducir o consumo eléctrico

O investimento, procedente na súa meirande parte de fondos europeos FEDER, a través do IDAE (Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía), ascende a preto de 100.000 euros

O Concello de Tomiño comezou a semana pasada os traballos para renovar 217 puntos de luz situados en varios tramos das estradas PO-552, PO-344 e PO-553 (Ponte da Amizade), con arranxo ao convenio asinado coa Deputación de Pontevedra “Iluminación Exterior Sostible II”.

 

Trátase dun proxecto de renovación da iluminación pública e redución do consumo eléctrico, cun investimento de preto de 100.000 euros financiados nun 80% con fondos FEDER (Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional) a través do IDAE (Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía).

 

Os tramos comprendidos nas obras suman un total aproximado de 8 quilómetros, comezando no límite co concello do Rosal, entre as parroquias de Tabagón e Goián; seguindo até o cruce do “Empalme” e dende aquí continuando cara ao acceso ao núcleo urbano de Tomiño.

 

A redución do consumo de enerxía eléctrica que se conseguirá tras a intervención, será polo menos de un 30% respecto do consumo actual. As tarefas que se levan a cabo estas semanas para lograr o obxectivo son a substitución das lámpadas e luminarias actuais por outras máis eficientes de tecnoloxía LED; substitución de balastros electromagnéticos por electrónicos e instalación de reloxos astronómicos para control da iluminación nocturna, entre outras.

 

O investimento total ascende a 98.775,44 euros, dos cales 79.020,35 serán achegados polo IDAE e cofinanciados con fondos FEDER; 12.255,09 polo Concello de Tomiño e 7.500,00 pola Deputación de Pontevedra.

 

“Este proxecto, co que Tomiño amosou o seu compromiso, ten como finalidade participar na transición ecolóxica cara a un modelo máis sostible que garanta o medio natural e o medio ambiente para as futuras xeracións, dando un pulo á economía baixa en carbono e contribuíndo á redución das emisións de CO2 á atmosfera e ao uso eficiente das enerxías limpas, especialmente, desde as administracións locais”, explica o concelleiro de Servizos Públicos, Lois Vázquez.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.40

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.