GALICIA
Máis de 2.600 persoas participan esta fin de semana nas probas de competencias clave
Trátase da décimo quinta edición duns exames pensados para aquelas persoas que non teñen ESO ou Bacharelato e desexan acceder á Formación Profesional para o Emprego
A Consellería de Emprego e Igualdade convoca este sábado 26 e domingo 27 de xuño a máis de 2.600 persoas na Feira Internacional de Galicia Abanca en Silleda (Pontevedra) para a realización das probas en competencias clave nos niveis 2 e 3 na súa décimo quinta edición. Estas probas estan concibidas para aquelas persoas que non teñen ESO ou Bacharelato e desexan ter acceso á Formación Profesional para o Emprego.
Estes exames teñen por obxectivo contribuír á capacitación laboral e mellora na inserción no mercado de traballo das persoas inscritas, xa que a superación das probas permite acceder á formación dos certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3, que lles permitirá progresar no mercado laboral.
Na edición deste 2021 realizaranse un total de 10.733 probas, xa que cada persoa solicitante pode realizar ata 4 exames tanto no nivel 2 coma no nivel 3. Os resultados provisionais e definitivos destas avaliacións estarán dispoñibles na última semana do mes de xullo na páxina web da Consellería de Emprego e Igualdade.
Unha vez superadas as probas os e as aspirantes terán a posibilidade de acceder ás accións formativas para a obtención de certificados de profesionalidade dos niveis 2 e 3, o que incrementará as súas posibilidades de obter un posto de traballo
As probas deste ano constan de todas as garantías sanitarias e de prevención segundo a normativa vixente, cun operativo de 80 persoas que vixiarán pola seguridade das persoas convocadas.
Galicia é pioneira desde o ano 2009 na realización destas probas de avaliación centradas nas competencias de lingua castelá, lingua galega, inglés e matemáticas, contidos xerais de formación básica en diferentes áreas de coñecemento requiridos para todas as especialidades formativas e laborais.
A capacitación para o emprego a través da facilitación do acceso á Formación Profesional para o Emprego e da súa calidade, ademais da continúa formación e capacitación profesional das traballadoras e traballadores ao longo da súa vida laboral, son dous dos principais eixos de actuación do Executivo autonómico, cun total de 36.276 galegas e galegos convocados nas últimas 15 edicións destas probas.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.141