Viernes, 12 de Diciembre de 2025

Xornal21.es
Sábado, 26 de Junio de 2021 Tiempo de lectura:
MOS

GañaMós expulsa a Román González "pola violación reiterada do Código Ético"

GañaMós Asemblea Veciñal ven de remitir un comunicado sobre a expulsión de Román González Garrido

Con data do 24 de xuño de 2021, GañaMós Asemblea Veciñal celebrou unha asemblea extraordinaria ante a noticia aparecida na prensa local da dimisión do seu portavoz Román González Garrido e acorda aprobar a seguinte declaración:


GañaMós Asemblea Veciñal acorda "a expulsión de Román González Garrido pola violación reiterada do Código Ético (CE en diante). Concretamente, no que supón a renuncia ao transfuguismo político e que implica a revogación do cargo e a expulsión de GañaMós Asemblea Veciñal (punto 2 do CE); por contradicir as votacións democráticas da Asemblea respecto a posturas fundamentais na política municipal (punto 3 do CE); polos pactos e acordos en segredo levados a cabo con organizacións alleas a GañaMós Asemblea Veciñal e o ocultamento da súa axenda política, mantendo en segredo reunións e pactos co grupo de “non adscritos” e outras organizacións sen representación política do Concello de Mos (punto 7 do CE)".

 

Así mesmo, en cumprimento co Código Ético desta agrupación política, GañaMós Asemblea Veciñal acorda esixir a Román González Garrido "a devolución da acta de concelleiro. No caso de non renunciar a acta no próximo pleno municipal do 28 de xuño, a GañaMós Asemblea Veciñal acorda declarar a Román González Garrido “tránsfuga” e insta a toda a corporación municipal ao cumprimento dos acordos acadados a nivel do Estado no Pacto Antitransfuguismo".

 

Por iso, GañaMós Asemblea Veciñal presenta no próximo pleno municipal "unha moción en defensa da ética na práctica política vista a situación de irregularidade democrática visible nos reiterados episodios de transfuguismo no noso concello".

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.60

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.