GALICIA
As opinións dos axentes sociais sobre os retos da dixitalización e o teletraballo
A nova realidade dixital presenta luces e sombras para patronal e organizacións sindicais
As opinións das organizacións sindicais sobre a dixitalización e o teletraballo e as implicacións para o labor dos representantes dos traballadores ou para a negociación colectiva; os retos que as empresas teñen que enfrontar nun entorno global e conectado on-line; ou os desafíos que estes cambios de paradigma supoñen para o mundo rural e a súa supervivencia son algúns dos aspectos que se recompilan nesta publicación.
A aparición da covid-19 supuxo unha transformación do noso modo de vida, dando lugar a cambios en ámbitos como as relacións sociais, o traballo, a educación... A dixitalización acelerada da actividade económica e as novas relacións laborais consecuencia da implantación crecente do teletraballo teñen consecuencias dispares en moitos terreos. Os axentes económicos e sociais representados no Consello Económico e Social de Galicia amosan as súas opinións sobre esta nova realidade, que se publican agora nun novo número da serie “Cadernos”.
En breve, un segundo número recollerá outros artigos sobre gobernanza dixital, fiscalidade ou protección de datos.
Como indica o presidente do CES na presentación deste “caderno”, “as dúas publicacións dan unha visión global, multifocal, variada e completa desta nova realidade, un novo xeito de vivir, traballar, aprender e relacionarnos que xa estaba en marcha e que a pandemia acelerou e consolidou”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.126