Sábado, 28 de Febrero de 2026

Actualizada Viernes, 27 de Febrero de 2026 a las 20:31:00 horas

Xornal21.es
Miércoles, 30 de Junio de 2021 Tiempo de lectura:
A GUARDA

A primeira fin de semana de xullo marca a programación de verán na Guarda

[Img #70022]Tradicionalmente a programación de verán do Concello da Guarda daba comezo coa Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira, pero haberá que esperar ao 2022 para celebrar o 30º aniversario desta festa gastronómica declarada de Interese Turístico Galego.

 

A pesares de que este primeiro fin de semana de xullo non se poderá celebrar a tradicional festa gastronómica debido as actuais restricións sanitarias, si haberá unha programación especial para conmemorar que A Guarda é un destino escollido por moitos visitantes para degustar da nosa cociña e da nosa gastronomía.

 

A langosta, o peixe espada e a cociña mariñeira son os pratos estrelas da nosa gastronomía, que grazas ao bo facer dos restaurantes fixeron que A Guarda este considerada como un destino gastronómico recoñecido na provincia de Pontevedra e que nesta primeira fin de semana de xullo poderán degustar os visitantes e a veciñanza guardesa, xunto cunha programación cultural para o goce de todos.

 

A primeira actividade proposta terá lugar na xornada do venres 2 de xullo coa observación de estrelas no Puntal, nunha actividade titulada “VENRES DE XULLO BAIXO AS ESTRELAS” que se prolongará os días 2, 9, 23 e 30 de xullo e para a cal é preciso unha inscrición previa a través do correo electrónico aguarda.oficina.turismo@gmail.com

 

A fin de semana continuará nas xornadas do sábado 3 e domingo 4 de xullo con diversas propostas de entretemento con pasarrúas, maxia e concertos musicais.

 

Programa do COMEZO DO VERÁN NA GUARDA:

Venres 2

23:00h - VENRES DE XULLO BAIXO AS ESTRELAS.

No Puntal. Inscrición previa na Oficina de Turismo.

Sábado 3

 

 

 

 

11:30h - CONCERTO DO CORO COA COLABORACIÓN DE GUADI GALEGO.

No Auditorio de San Benito. Inscrición previa no Centro Cultural.

12:30h - PASARRÚAS INFANTIL: "LANGOSTA E O MUNDO DO MAR".

Comeza na Praza de Avelino Vicente, Rúa Concepción Arenal e porto. 

Duración 1 hora.

20:30h - ESPECTÁCULO DE MAXIA DE CAYETANO LLEDÓ: “TITANIC”.

No Auditorio de San Benito. Inscrición previa no Centro Cultural.

Domingo 4

12:00h - PASARRÚAS MUSICAL COA BATUKADA "BATE NO COBRE".

Comeza na Praza de Avelino Vicente, Rúa Concepción Arenal e porto. 

Duración 2 horas.

20:30h - PASARRÚAS INFANTIL: "O SÉQUITO DO CAPITÁN NEMO"

Comeza na Praza de Avelino Vicente, Rúa Concepción Arenal e porto. 

Duración 1 hora.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.