Viernes, 06 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Miércoles, 30 de Junio de 2021 Tiempo de lectura:

O Porriño vende os 23 vehículos municipais por preto de 8.700 euros

O Concello do Porriño vendeu os 23 vehículos municipais en desuso que permanecían almacenados no recinto do Multiusos de Torneiros desde outubro de 2019, cando se renovou o parque móbil municipal. A pesares de que os vehículos tiñan prezos de saída de saldo (entre 50 e 100 euros) finalmente as ofertas elevaron o prezo de venda. O monto total da venda dos 23 vehículos acadou 8.697 euros (impostos incluidos).


Esta semana, presidida pola alcaldesa Eva Garcia, a mesa de valoración celebrou a sesión pública de apertura de plicas da poxa, que era a segunda que se convocaba polo Concello para a venda destes vehículos.


Entre as curiosidades que deparou o resultado da poxa subliñar que o prezo máis alto foi de 1.550 euros ofertados polo vehículo “Ssangyong Action” con 160.000 quilómetros e que na anterior poxa tiña un prezo de saída de 5.800 euros. Pola contra, unha berlina “Volvo S80” que fora o coche oficial da Alcaldía na época de Xosé Manuel Barros, vendeuse en 536 euros.    

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.108

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.