Sábado, 13 de Diciembre de 2025

Xornal21.es
Martes, 29 de Junio de 2021 Tiempo de lectura:
MOS

Torroso inicia os trámites para as obras dun Centro Social para persoas maiores

A Comunidade de Montes de Torroso traballa xa para que o Centro Social destinado ás persoas maiores sexa unha realidade; gran noticia para Torroso e para Mos.


Este gran proxecto que dará cabida a 40 usuarios, está ubicado no barrio de Outeiro, ao carón do Centro Dotacional, edificio que alberga tamén o Conservatorio de música. A nova obra consiste na construción dun edificio diáfano, cerrado hacia a estrada, aberto e acristalado hacia o parque forestal Poulo-Regueiro e hacia a parcela da Comunidade de Montes, parcela que se urbanizará seguindo o criterio do parque. Continuando cas sendas de xabre, arbolado e axardinamento. O Centro social desenvolverase nunha planta, así o edificio integrarase naturalmente no parque, podendo utilizar os maiores estes espazos abertos como complementarios ó uso do centro de día.

 

 

 

 

O pleno de Mos aproba as bonificacións do ICIO para duas grandes obras por un total de 103.757 €

 

 

 

 

A aprobación foi posible cos votos favorables do goberno  do Partido Popular e dos Concelleiros non adscritos Verónica Costas e Román García; o Grupo Socialista, Gañamos e BNG mostraron as súas abstencións en ambos puntos da orde do día.


O pleno ordinario municipal aprobou onte a bonificación do 95 por cento (20.098 €) a favor desta construcción da Comunidade de Montes de Torroso, por tratarse de unha obra declarada de especial interese municipal por concorrer circunstancias sociais.

 

Tamén se aprobou no pleno ordinario celebrado onte no pazo de Mos, a bonificación do 95 por cento (83.659 €) a favor de COGAMI RECICLADO DE GALICIA, S. L.  (COREGAL) para a implantación dunha nova planta de xestión de residuos non perigosos (almacenamento, tratamento e valorización) no Parque Empresarial de Mos “A Veigadaña”, con obxecto social de dar e manter emprego a persoas con discapacidade.

 

Ao igual que a obra de Torroso, esta é tamén unha obra de interese Social e de fomento do emprego, xa que ademáis serán beneficiarios, nun primeiro termo, os empregados con discapacidade que traballan no actual centro; e nun futuro, as persoas con discapacidade que accedan a un traballo neste novo centro.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.60

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.