MUNDO EMPRESA
A Xunta aposta pola formación en comercio electrónico nas persoas autónomas
A directora de Formación e Colocación, Zeltia Lado, presentou esta semana á Asociación de Jóvenes Empresarios de Galicia (Aje) o curso `Mocidade é Dixital´, que pretende formar ás persoas mozas autónomas na dixitalización do seu negocio e no e-commerce
Un comercio máis accesible, dixitalizado e con oportunidades para a reactivación económica das autónomas e autónomos son os eixos sobre os que xirarán os cursos de formación dentro do programa Mocidade é Dixital, presentado hoxe pola directora xeral de Formación e Colocación, Zeltia Lado, á Asociación de Jóvenes Empresarios de Galicia (Aje).
O programa, enmarcado dentro da iniciativa Autónomos Dixitais, quere capacitar á xuventude autónoma de ata 30 anos de mellorar o grao de dixitalización dos seus negocios nun contexto onde, por mor da pandemia, moitos establecementos puideron sobrevivir á coxuntura económica grazas ao comercio en liña, outorgando, remarcou Lado unha “importancia prioritaria” a dinámicas como a do e-commerce e o seu coñecemento no eido laboral.
A directora xeral explicou que este programa constará dun curso de iniciación, Fundamentos para crear un proxecto e-commerce, de 50 horas de duración, e outro curso de Especialista en e-commerce, tamén de 50 horas de sesións. Ambos son cursos dixitais onde se pode recibir a formación a distancia, facilitando deste xeito o seu acceso e, tamén, a debida conciliación das persoas interesadas.
O curso está dentro da iniciativa `Autónomos Dixitais´, lanzada pola Consellería de Emprego e Igualdade onde se brinda ás persoas autónomas dos coñecementos precisos para reactivar os seus negocios
A iniciativa Autónomos Dixitais foi presentada en maio pola conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, con 1200 participantes na primeira edición e catro perfís aos que vai dirixida: o da mocidade (menores de 30 anos); mulleres; persoas entre 31 e 44 anos e autónomos que tiveron que pechar o seu negocio como consecuencia da covid-19; e, tamén, as persoas traballadoras autónomas maiores de 45 anos. Cada perfil consta de dous cursos gratuítos en formato dixital: un básico sobre fundamentos do comercio electrónico e outro avanzado para a especialización no e-commerce. Cada curso consta de 50 horas de formación e ao remate os alumnos e alumnas recibirán un diploma de aproveitamento avalado pola Xunta.
A formación continua e a capacitación laboral son duas vías de traballo nas que incide deste xeito o Executivo galego, cunha aposta dobre na que cabe o comercio presencial, no cal se quere coidar e incentivar a compra, recalcou Lado, mais tamén cunha clara vocación de dotar ás novas e novos autónomos dunha ventá dixital para poder reemprender ou impulsar o seu negocio, colocando así, declarou Lago, “as persoas” no centro das políticas de emprego en Galicia.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.185