GALICIA
Feijóo salienta a “enorme preocupación” de Galicia polo reparto dos fondos do Goberno central
Asevera que, aos 681M€ perdidos na repartición dos fondos covid, REACT-UE e para sectores afectados, súmanse 147M€ das partidas territorializadas porque, dos 15.882 millóns de euros transferidos ás comunidades autónomas, Galicia tan só recibiu o 5,2% do total, cando lle correspondería o 6,2%
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, salientou esta semana a “enorme preocupación” de Galicia polo reparto dos fondos distribuídos polo Goberno central e advirte de que a Comunidade está deixando de recibir 828 millóns de euros.
“Ata o de agora xa tiñamos computada una perda de 681 millóns de euros do que nos correspondía por poboación axustada nos fondos Covid de 2020, no REACT UE, no Fondo Covid 2021 e nas axudas aos sectores afectados”, explicou Feijóo, pero, segundo o informe analizado hoxe no Consello da Xunta, “comprobamos que dos 15.882 millóns de euros transferidos ás comunidades autónomas, Galicia tan só recibiu o 5,2% do total, correspondéndonos, de acordo do sistema de financiamento, o 6,2% do total”, aseverou.
Ademais, se a eses fondos territorializados sumamos os que se reserva o Goberno para xestión propia só vai recibir o 2% do total de fondos que percibirá España.
Ante esta situación, o presidente da Xunta lamentou que a cogobernanza consista en que a Administración xeral do Estado se reserve o 61% dos fondos para xestión propia e só o 35% para xestión autonómica, cando nas conferencias de presidentes sempre se plantexou que sería un sistema mixto, isto é, “50% da Administración Xeral do Estado e 50% das Comunidades autónomas, dado que xestionamos a maioría dos servizos públicos”, lembrou.
Lamenta que a cogobernanza consista en que a Administración xeral do Estado se reserve o 61% dos fondos para xestión propia e só o 35% para xestión autonómica
Nesa liña, o informe conclúe que no proceso de planificación e deseño do sistema de xestión do Plan España “non hai ningún tipo de cogobernanza”, abundou Feijóo.
De feito, o presidente da Xunta lamentou que se estea a apostar por un sistema centralizado de conferencias sectoriais mentres que a comisión sectorial de fondos, que eran quen tiña que concretar os criterios, só se reuniu unha vez.
Ante isto, a Xunta subliña que unha asignación deficiente de fondos pode condicionar a recuperación económica dos distintos territorios. “Se o diñeiro de Galicia se está indo a outras comunidades autónomas, é evidente que se está producindo unha asimetría no reparto dos fondos que non podemos aceptar”, afirmou.
E, para concluír, tras lembrar que o Goberno xa comunicou a súa decisión de non territorializar os fondos industriais, Feijóo abundou que “dicir que temos que presentar candidaturas para que posteriormente sexa o Goberno central quen reparta, sen coñecemento previo, sen criterios previos e sen concorrencia competitiva a totalidade dos fondos da industria, supón unha ruptura clarísima do espírito dos fondos europeos”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.22