Jueves, 18 de Diciembre de 2025

Xornal21.es
Sábado, 03 de Julio de 2021 Tiempo de lectura:
MOS

A Xunta apoiará a FP básica a partir de setembro no IES de Mos

Así o anunciou onte a alcaldesa, Nidia Arévalo, tras a reunión que mantivo onte en Santiago co Secretario Xeral de Educación e Formación Profesional Jose Luís Mira Lema.


 Nesta xuntanza, na que se trataron varios temas de importancia relacionados coa oferta formativa do IES de Mos, a rexidora estivo acompañada pola  Concelleira de Educación e emprego, Julia Loureiro Campo e o   Director do Instituto de Ensino Secundario de Mos, Xurxo Collazo Saavedra.

 

 

Na reunión asumiron esta cuestión como unha prioridade para o alumnado de Mos.


O procedemento para que o alumnado interesado curse un ciclo de FPB comeza pola proposta do equipo docente ás familias, que deberán dar o seu consentimento.


 Actualmente, para poder estudar  Formación Profesional, o alumnado de Mos vese na necesidade de se desprazar a outro municipio.


Ademais, como opción de futuro, valorouse  a posibilidade de implantar nun futuro ciclos de  FP Dual en colaboración con AEMOS,. A formación profesional dual combina a formación teórica coa práctica profesional na empresa desde o primeiro momento, polo que é una opción na que se promove activamente a empregabilidade. A formación práctica do alumnado podería desenvolverse nos viveiros de empresas e nas instalacións da axencia de Colocación de Mos e complementar a súas prácticas nas empresas do municipio.


O Concello leva meses traballando nesta idea e quixeron aproveitar esta ocasión para agradecer a implicación do equipo directivo do IES de Mos, buscando as mellores opcións de futuro para os estudantes do municipio.


Na actualidade existe xa unha mesa de traballo formada pola ANPA, polo Concello, pola Asociación de Empresarios de Mos e polo equipo directivo e educativo do propio instituto. O seu principal obxectivo é impartir a formación que precisan as empresas do concello e, deste modo,  facilitar a inserción laboral da mocidade mosense.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.