SALCEDA DE CASELAS
Salceda aposta pola Promoción da Igualdade e Prevención da Violencia de Xénero
A tenente de alcaldesa e concelleira de igualdade de Salceda de Caselas, Loli Castiñeira presentou esta semana a segunda edición do Programa de promoción da igualdade e prevención da violencia de xénero que empezou a desenvolverse a pasada semana e que seguirá durantes os meses de xullo, agosto e setembro.
Na pasada edición participaron un total de 43 mulleres, tanto nos talleres como usuarias no Servizo Municipal de Asesoramento e Información Xurídica, Psicolóxica e Laboral.
Nesta segunda edición, os talleres reforzarán a inserción laboral, a aprendizaxe de estratexias no acceso ao emprego e o autoemprego así como as habilidades de comunicación para afrontar os procesos de selección.
O vindeiro martes día 6 arrancarán os talleres no Auditorio, sendo o primeiro o de ferramentas de sensibilización e prevención da violencia de xénero.
Traballarase un taller sobre a saúde, o benestar e a actividade física dende a perspectiva de xénero e se incorporan dous novos talleres, un sobre a cultura e o audiovisual como elemento para previr a desigualdade de xénero e outro sobre a era post-Covid para as mulleres no que se analizará a situación económica, social, laboral e emocional das mulleres neste momento de reconstrución.
O Servizo Municipal de Asesoramento e Información Xurídica, Psicolóxica e Laboral seguirá sendo a demanda. Non obstante, cada martes de 9:30 a 14:30 na segunda planta do Concello estará todo o persoal para prestar atención e información.
Castiñeiras quixo poñer en valor os resultados do pasado ano e a experiencia adquirida como base para deseñar o Programa desta edición que será executado novamente por Red Talento, con profesionais expertas en diferentes áreas e disciplinas. O Programa conta cun orzamento de 11.322,70€ e está financiado pola Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia e polo Fondo Social Europeo (FSE) con cargo ao programa operativo FSE Galicia 2014-2020.
Realizaranse encontros con todas as participantes para a posta en común de experiencias, aspectos de mellora do programa, empoderamento colectivo e activación de redes así como visitas a empresas e axentes sociais e económicos, con mediación laboral e itinerarios de inserción que faciliten ás participantes a mellora da súa situación persoal, social e profesional.
Loli Castiñeira animou a todas as mulleres de Salceda a participar activamente nas actividades e a acudir aos servizos de asesoramento, que serán completamente gratuítos.
Verónica Tourón, alcaldesa “continuamos apostando pola igualdade, é unha satisfacción seguir acollendo este tipo de programas que melloran a situación das mulleres do noso concello tanto no ámbito social como no laboral”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.11