Viernes, 19 de Diciembre de 2025

Xornal21.es
Lunes, 05 de Julio de 2021 Tiempo de lectura:
MOS

Emotivo acto de clausura do Programa de emprego para vítimas de violencia de xénero de AEMOS

AEMOS CONSEGUE A INSERCIÓN LABORAL DO 30% DAS MULLERES PARTICIPANTES NO SEU PROGRAMA DE EMPREGO PARA VÍTIMAS DE VIOLENCIA DE XÉNERO

O pasado sábado dia 3 tivo lugar a clausura do Programa de Emprego para Vítimas de Violencia de xénero da Asociación de Empresarios de Mos, o acto tivo lugar ás 12.30 horas no Pazo de Mos.


Estiveron presentes a Secretaria Xeral de Igualdade, Susana López Abella, a alcaldesa Nidia Arévalo, a Concelleira de Igualdade e Política Social, Sara Cebreiro, o presidente de AEMOS, Manuel Castro así como representantes de entidades empresariais colaboradoras.


Esta é xa a quinta edición consecutiva deste proxecto, financiado pola Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia, e precisamente nisto fixo fincapé Aemos, afirmando que “o bo deste programa é a súa continuidade, o que favorece unha atención sistémica e global no tempo, podendo lograr avances e éxitos a medio e longo prazo, pois na maior parte dos casos os primeiros avances lógranse en dous ou tres anos”.

 

Nesta edición “Insere Activa 5”, que así é como se denomina o último dos programas de emprego desenvolvéronse accións formativas, sesións de atención persoal e itinerarios de inserción para as 34 usuarias. Neste caso, trátouse dunha acción moi específica xa que foi dirixido a mulleres vítimas de violencia de xénero polo que ademais da consecución final de mellorar a súa empregabilidade co logro dun posto de traballo, a curto, medio ou longo prazo, traballáronse aspectos como a autoestima e a autonomía persoal, entendendo o emprego como un medio de recuperación e reincorporación á vida activa. Persoas con afán de superar situacións difíciles que aínda padecen as súas consecuencias e que requiren unha atención continua, especializada e integral.


O resultado final resumido en cifras é que, a día de hoxe, 10 das 34 mulleres atópanse traballando. Tanto desde Aemos, como desde o CIM de Mos (Centro de Información á Muller) están de acordo e afirman a importancia de fomentar a participación activa das mulleres vítimas de violencia, na mellora continua de habilidades e técnicas de procura de emprego. A súa inserción no mercado laboral favorece o seu progreso laboral e, en consecuencia, a súa realización persoal”


Esta última edición iniciouse en outubro de 2020 e durante estes case 10 meses de traballo, Aemos levou a cabo un gran número de dinámicas e accións formativas, así como sesións de atención persoal ás 34 mulleres usuarias do programa. No programa participaron directamente tres orientadores da organización, 16 docentes e varios colaboradores externos que favoreceron o desenvolvemento dos itinerarios de inserción propostos a cada unha das participantes. Ademais, incluíronse 19 cursos de formación, con máis de 1000 horas lectivas.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.