Sábado, 28 de Febrero de 2026

Actualizada Viernes, 27 de Febrero de 2026 a las 20:31:00 horas

Xornal21.es
Jueves, 08 de Julio de 2021 Tiempo de lectura:
A GUARDA

O BNG responsabiliza ao goberno socialista do retraso no proxecto de acceso ao Porto

Anxo Baz: “ A Xunta de Galiza non ten nin o máis mínimo interese en executar a obra e o Alcalde da Guarda enrócase nun trazado máis caro que ademais non conta coa aprobación de Patrimonio”

O proxecto de acceso sur ao Porto da Guarda elaborado  no 2018 pola área de mobilidade da Deputación de Pontevedra  plantexa dúas alternativas posibeis para a realización desta infraestructura.

 

 Das dúas opcións que contempla o proxecto, o Concello da Guarda escolleu  a opción 2.  O deseño  elixido  polo goberno guardés entre outros inconvenientes que presenta, costa 400.000 € máis que o outro.

 

O informe preceptivo elaborado pola Dirección Xeral de Patrimonio alerta de que o trazado que defende o goberno guardés ten un forte impacto en elementos patrimoniais e paisaxísticos e como consecuencia infórmano negativamente. Ao mesmo tempo  recomendan optar polo outro trazado  no que unha parte  xa está feita.

 

"Sorprendentemente o Goberno Guardés non atende deste requerimento e sigue na teima de defender un trazado máis caro, con un maior impacto visual e que ademais se atopa con informes desfavorabeis de Patrimonio" explican.

 

O portavoz Municipal do BNG, Anxo Baz  declara “ A Xunta de Galiza non ten nin o máis mínimo interese en executar a obra e o Alcalde da Guarda enrócase nun trazado máis caro  que ademais non conta coa aprobación de Patrimonio. Con estes movementos o único que se consigue e dilatar a súa execución por tempo indefinido. A estas alturas o goberno guardés tería que ter o proxecto rematado na man e  deberíase estar preocupando por  abrir  todas as portas que fixera falta para conseguir a financiación necesaria para executar o proxecto. Eso é o que realmente lle interesa ao pobo da Guarda”.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.