GALICIA
Feijóo avanza un novo pulo ao polo aeroespacial de Galicia
Precisa que este mesmo mes de xullo farase pública esta licitación cun orzamento de partida de 40 millóns de euros e coa previsión de firmar entre catro e oito acordos
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, avanzou hoxe un novo pulo ao Polo aeroespacial de Galicia co inicio dos trámites para seleccionar novos socios estratéxicos e tecnolóxicos para os vindeiros cinco anos.
“Este mesmo mes de xullo faremos pública esta licitación cun orzamento de partida de 40 millóns de euros e coa previsión de firmar entre catro e oito acordos”, explicou durante a inauguración na Cidade da Cultura de Unvex 2021, a maior feira dedicada aos vehículos non tripulados que se celebra en España. Neste sentido, aseverou que este prego será un instrumento para canalizar o futuro financiamento dos fondos Next Generation, volvendo a innovar no mecanismo de colaboración público-privada e nas políticas de apoio á innovación.
Sobre este punto, recordou que Galicia lidera a compra pública innovadora en España, con proxectos en execución por importe de 250 millóns de euros na última década; e, no caso concreto do Polo aeroespacial, a compra pública innovadora favoreceu a implantación de grandes empresas e o crecemento de pemes do sector.
Nesta nova etapa, Feijóo subliñou que o impulso que se dará ao sector xirará arredor dunha prioridade: a creación e ampliación de mercados para as empresas galegas. “Esta nova licitación desenvolverá un novo modelo de colaboración entre o sector público e o privado, pero tamén entre os distintos tipos de empresas e centros de coñecemento para fomentar a incorporación das pemes ás cadeas de valor das grandes empresas tractoras do sector aeoroespacial, así como coas universidades e outros centros de investigación xeradores de coñecemento”, precisou, incidindo en que a participación de empresas e centros de coñecemento seguirá a ser clave, como o foi no anterior período do polo.
Tras cinco anos desenvolvendo solucións para o sector público, afirma que o obxectivo desta nova fase estará encamiñado cara á busca de solucións a problemas globais como o cambio climático e a transición ecolóxica
Tras cinco anos desenvolvendo solucións para o sector público, o titular do Goberno galego afirmou que o obxectivo desta nova fase estará encamiñado cara á busca de solucións a problemas globais como o cambio climático e a transición ecolóxica. “Plantexaremos retos que afectan non só á Xunta, senón a practicamente todas as administracións en España e fóra”, recalcou, referíndose a retos que respondan a un amplo espectro de necesidades públicas relacionadas coas políticas marítimas, o desenvolvemento rural, a silvicultura, a atención a emerxencias ou a extinción de incendios, entre outros.
Uns retos que, segundo asegurou, se se conseguen solucionar mediante a tecnoloxía, posicionarán ás empresas participantes como líderes en distintos segmentos, reforzando a Galicia como o epicentro do sector dos vehículos aéreos non tripulados en España e en Europa.
Feijóo concluíu resaltando o poder de convocatoria de Unvex coa participación de máis de 70 empresas nacionais e internacionais e 120 relatores. “Estamos a falar da maior edición ata o momento, tanto por axenda de actividades como polas localizacións”, dixo, recordando que, a pesar do impacto que a pandemia tivo sobre o sector aeronáutico, a aviación non tripulada foi o sector galego onde máis empresas naceron durante a covid.
Cómpre salientar que nos seus primeiros cinco anos de vida, o Polo aeroespacial de Galicia mobilizou case dez veces máis do investimento previsto: 165 millóns a partir dun orzamento público de 58 millóns, coa implicación de máis de 50 pemes e centros de coñecemento galegos, ademais de tres compañías referentes no sector como Indra, Babcock e Boeing.
En canto ao nivel de proxectos, desenvolvéronse ata o momento un total de 655 solucións tecnolóxicas e produtos, dos cales 60 xa están no mercado. Entre todas estas iniciativas destacou: o maior dron non tripulado de uso civil en España; dúas embarcacións non tripuladas para mostraxes automáticas de augas mariñas; ou os helicópteros Lúa e Lumes orientados, fundamentalmente, á loita contra os lumes.
O presidente autonómico aproveitou o acto para felicitar a Babcock por recibir por parte de AESA a primeira autorización operacional en España para voar máis alá de liña de vista co Lúa, en contornos rurais, tanto voos diúrnos como nocturnos.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.22