Martes, 03 de Marzo de 2026

Actualizada Lunes, 02 de Marzo de 2026 a las 20:03:27 horas

Xornal21.es
Sábado, 10 de Julio de 2021 Tiempo de lectura:
NIGRAN

Segunda cita de Carlos Núñez en Monteferro o 6 de agosto

O gaiteiro internacional conmemora os 25 anos de 'A irmandade das estrelas', o seu primeiro disco en solitario, con esta doble cita no miradoiro de Monteferro, escenario onde debutou o ano pasado. "Prometimos facer tradición e reencontrarnos un ano despois", explica o propio gaiteiro

O Concello de Nigrán ofrece unha nova oportunidade o día 6 de agosto para todos aqueles que se quedaran coas ganas de asistir ao concerto de Carlos Núñez o 7  de agosto no miradoiro de Monteferro ao esgotarse as entradas en tempo record. O gaiteiro internacional, que debutou o ano pasado neste marabilloso escenario natural tamén con 'sold out' en sendas citas de ‘Lugares Máxicos’, ofrece agora estas dúas actuacións que se encadran na xira conmemorativa do 25 aniversario de ‘A irmandade das estrelas. Será tamén ás 20:00 horas para poder fusionar novamente música e natureza co espectacular solpor deste balcón cara ao Atlántico. As entradas están xa á venda a través de ATAQUILLA cun custe de 20 euros + gastos de xestión, sendo un aforo reducido por mor das circunstancias sanitarias.

 

"As entradas do día 7 voaron en menos dunha semana á venda e decidimos ofrecer esta nova oportunidade conscientes de que existe unha gran demanda de público que quedou coas ganas. O certo é que Carlos Núñez e o miradoiro de Monteferro forman unha simbiose insuperable, así o demostrou o ano pasado. É unha sorte contar co mellor gaiteiro do mundo no que consideramos o mellor escenario do mundo para conmemorar un disco que mudou a Historia da nosa música", incide o alcalde, Juan González.

 

 

 

 

As entradas para este evento ao aire libre están á venda xa a través de Ataquilla cun custe de 20 € + gastos de xestión

 

 

 

 

“O concerto de Monteferro foi a sorpresa do verán pasado para todos nós. Os artistas e o público sentimos dende a primeira nota que estabamos a vivir unha experiencia única. Como unha peregrinación musical a un paraíso frente ao mar, na que fixemos amizades que viñan de todas partes. E como unha gran familia, prometimos facer tradición e reencontrarnos un ano despois", explica o propio gaiteiro, quen recoñece que "Monteferro é un deses paraísos onde as veces veño a tocar, na intimidade, só para min e para a natureza. Porque ten un dos solpores mais impresionantes do mundo. A diferencia cos de lugares como Bahía, Rio de Janeiro, ou California é que, mentres que alí a xente aplaude como se o sol e a terra ofrecesen un show, nós cecais sentímos ese intre como unha cerimonia. Según os nosos arqueólogos, os antigos habitantes de Monteferro e dos castros da costa de Galicia xa sabían moito de todas estas cousas", sinala o gaiteiro, quen levará a súa xira a lugares entre outros como o Dolmen de Menga (Málaga), os Xardins da Atalaya en Jerez, a Ciudadela de Jaca, a Quincena Musical Donostiarra ou a Clausura do 50 aniversario do Festival Interceltico de Lorient.

 

Novamente, co obxectivo de respectar ao máximo á singularidade deste espazo natural e de facelo coa mínima intervención, só se reservarán cadeiras para persoas con problemas de mobilidade, xa que o obxectivo é gozar da música sentados no propio chan, nun ambiente íntimo e en comunión coa contorna.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.