TUI
José Miñones subliña en Tui a aposta do Goberno por dinamizar os concellos galegos
O delegado do Goberno avanza unha nova actuación na estrada N-551 con 500.000 euros para humanizar a entrada en España do Camiño Portugués
O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, subliñou hoxe en Tui a aposta do Executivo por dinamizar os concellos galegos con investimentos e políticas para abordar o reto demográfico. Expresouse así ante os medios de comunicación tras reunirse co alcalde, Enrique Cabaleiro, e acompañado pola subdelegada provincial, Maica Larriba.
José Miñones destacou o interese do Goberno por Tui, que se traduce en proxectos que suman 1,5 millóns de euros. En concreto, avanzou unha nova actuación na estrada N-551 con 500.000 euros para humanizar a entrada en España do Camiño Portugués.
Citou outras iniciativas en marcha que desenvolve o Executivo, como a vinculada ao museo catedralicio de Tui, o plan de rehabilitación de vivendas no casco histórico ou a posta en valor do Cárcere Vello, que está enmarcada no Plan Turístico Nacional Xacobeo 21-22.
Os traballos na N-551 xa teñen a aprobación do Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, polo que para sacalo a licitación o antes posible son necesarios os informes sectoriais do Concello e a Xunta.
O Executivo desenvolve proxectos no museo catedralicio de Tui, impulsa o plan de rehabilitación de vivendas e pon en valor o Cárcere Vello
No que respecta ao museo catedralicio de Tui, trátase dunha actuación vinculada ao 1,5% Cultural do memo Ministerio. Este aportou 440.000 euros á intervención plantexada polo titular do conxunto, ata un orzamento total de 586.000 euros.
En canto ao plan de vivenda, o investimento ascende no casco histórico da localidade a 48.400 euros. O orzamento para a recuperación do Cárcere Vello ascende a 330.000 euros.
O delegado do Goberno destacou que na xuntanza co rexidor tamén abordou o Plan de Reto Demográfico do Goberno, que “busca levar aos concellos servizos esenciais que teñen por obxectivo mellorar a calidade de vida da veciñanza”, rematou.
VISITA A TOMIÑO
Tras visitar Tui, José Miñones estivo en Tomiño onde reafirmou o seu interese polo municipalismo galego. Alí estivo coa alcaldesa, Sandra González, coñeceu de primeira man o proxecto do Parque da Amizade, unha iniciativa transfronteiriza con Vila Nova de Cerveira.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149