Sábado, 20 de Diciembre de 2025

Xornal21.es
Viernes, 09 de Julio de 2021 Tiempo de lectura:
MOS

Montenegro presentou o seu primeiro libro, “El yo y sus metáforas”

Escrito durante o confinamento, publicouse en abril en varios formatos e é un dos máis vendidos en versión dixital en kindle.


O libro, foi escrito durante o confinamento, publicouse en abril en varios formatos e é un dos máis vendidos en versión dixital en kindle.


Este libro xorde como unha recompilación da experiencia de Rosa como pedagoga.


“Este libro axuda a que cada persoa descubra o que esqueceu ou o que non se manifestou. Unha parte importante da felicidade consiste en aceptarse e quererse. O libro é un instrumento para unha viaxe submarina cara a dentro de un mesmo”.


É unha lectura para facer con calma e traballar os conceptos.


Un libro dirixido aos que teñan a madurez emocional suficiente para saber analizarse, persoas sensibles que teñan a fortaleza de mirar dentro de sí, non é imprescindible unha formación intelectual.

 

Biografia de Rosa Montenegro Bernardez
Nace na Coruña o 29 de outubro de 1949.Desde fai moitos anos.


É pedagoga pola Universidade de Navarra e exerceu a súa tarefa educativa en España e América Latina.


Foi consultora e directiva de catro entidades educativas en España, realizando tarefas de auditoría e asesoramento en países como México, O Salvador, Guatemala, Ecuador, Perú e Chile colaborando con Fomento de Centros de Ensino.


É profesora colaboradora en IDENTITAS (Asesores de educación personalizada).


Cursou o programa de Coaching Profesional durante o curso 2004/2005 no IESE Business School (Universidade de Navarra, España).


Colaborou co Ministerio de traballo de España no seu programa de apoio a Iberoamérica sendo bolseira como experta internacional en Ecuador.


Na actualidade, desenvolve actividades de asesoramento e talleres de adestramento actitudinal e responsabilidade corporativa dirixidos a empresarios e executivos coa fi nalidade de impulsar a responsabilidade das empresas ante o reto que supón ser empresa saudable que tamén se preocupa de xerar ese impacto social que o século XXI reclama.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.