GALICIA
Medalla de Ouro de Galicia 2021 para o persoal do dispositivo de vacinación
Feijóo incide en que os profesionais que nos están axudando a saír do túnel a través da vacinación merecen un recoñecemento polo seu labor profesional, rigoroso, sistemático e certamente salientable desde o punto de vista de éxito loxístico e de organización
O titular do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, anunciou esta semana, na rolda de prensa do Consello, a decisión do Goberno galego de outorgar a Medalla de Ouro de Galicia 2021 ao persoal do dispositivo de vacinación.
Logo de lembrar que en 2020 foron honrados os profesionais da sanidade galega implicados na atención aos pacientes covid-19, o presidente da Xunta incidiu en que “os profesionais que nos están axudando a saír do túnel a través da vacinación merecen un recoñecemento polo seu labor profesional, rigoroso, sistemático e certamente salientable desde o punto de vista de éxito loxístico e de organización”.
Nesta liña, e tras cualificar este dispositivo como “modélico”, o presidente da Xunta avanzou que “mañá chegaremos aos 3 millóns de vacinas dispensadas; máis de 1.750.000 galegos teñen pasado xa polos distintos centros de vacinación”. Galicia é a día de hoxe a segunda comunidade autónoma con máis porcentaxe de poboación vacinada cunha dose, superando xa o 70%; e tamén ocupa a segunda posición con máis poboación inmunizada, xa que o 54,1% dos galegos xa contan con pauta completa.
Avanza que mañá Galicia chegará aos 3 millóns de vacinas dispensadas; máis de 1.750.000 galegos teñen pasado xa polos distintos centros de vacinación
Feijóo puxo en valor o traballo dos equipos especiais de enfermaría que dirixen e coordinan o proceso; os equipos de citación, que son claves nun sistema tan complexo e novidoso; o persoal de enfermaría, de xestión e celador que organizou o sistema nos distintos puntos de vacinación; e o persoal sanitario implicado na farmacovixilancia e nos posibles efectos adversos.
A maiores, o presidente da Xunta tamén salientou o labor do persoal encargado de deseñar os sistemas informáticos e dixitais para organizar a campaña de citación masiva, os sistemas de rexistro e a expedición do certificado covid; os encargados da loxística e do reparto das vacinas; os traballadores dos servizos de admisión e de resolución de incidencias; profesionais da microbioloxía e investigadores; empregados dos recintos que se usan como puntos de vacinación masiva, e persoas que colaboran na organización do proceso, como policías ou voluntarios de Protección Civil.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.22