Martes, 03 de Marzo de 2026

Actualizada Lunes, 02 de Marzo de 2026 a las 20:03:27 horas

Xornal21.es
Viernes, 09 de Julio de 2021 Tiempo de lectura:
NIGRAN

Nigrán acolle a fase previa do Campionato de España de Petanca de Tripletas

A competición terá lugar o sábado e domingo en categorías senior masculino e feminino (primeira e segunda) e xuvenil

[Img #70272]O Concello de Nigrán acolle esta fin de semana a fase previa do campionato de España de Tripletas en Porto do Molle con preto de 250 deportistas de toda Galicia divididos en 65 equipos de categorías senior feminina e masculina (primeira e segunda) e xuvenil. O C.C.D.Bolos da Carrasca, de Nigrán, é a única entidade clasificada da comarca con tripletas senior masculino e feminino.

 

Para esta cita, o Concello de Nigrán habilitou 40 canchas en terreos ao carón do Edificio Tecnolóxico e a  competición desenvolverase simultáneamente durante todo o sábado e domingo desde as 9:30 ás 13:00 e de 16:00 a 20:00 horas. Disporase de cantina con refrixerio e tapeo.

 

 

 

 

O Concello habilitou en espazo no parque empresarial con 40 canchas nas que se xogará simultáneamente e que será tamén o escenario en setembro da final

 

 

 

 

Mediante esta fase previa en Galicia clasificaranse para a fase final do Campionato de España de Tripletas o 10 e 11 de setembro tamén en Porto do Molle unha praza de feminina senior primeira, tres de masculino senior primeira, tres de masculino senior segunda e unha de xuvenil.

 

“Nigrán, grazas a Bolos da Carrasca, é unha localidade recoñecida en toda España pola práctica da petanca. Esta cita para nos é tamén un ensaio xeral para o campionato final que acollemos en setembro, cando nos visitarán equipos de España, Francia ou Suíza”, explica o alcalde, Juan González.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.