Viernes, 06 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Lunes, 12 de Julio de 2021 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

O PP critica a falta de xestión en servizos esenciais do Porriño

Alejandro Lorenzo denuncia que ninguén do Goberno local supervise como se fan eses traballos, ou encargue unha consultora externa para que audite, tal e como se recolle nos contratos asinados, ou nos servizo que seguen sen contrato algún

O Partido Popular do Porriño denuncia a falta de xestión en servizos públicos e esenciais a pesar da gran cantidade de cartos que cada ano custan ás arcas municipais. O voceiro Alejandro Lorenzo explica que “non lle estamos pedindo ao Goberno local que limpe as rúas ou a recollida de lixo. O que reclamamos é que alguén supervise que esas empresas que cada ano custan ao Concello do Porriño preto dun millón de euros, fagan o seu traballo ben”.


Refírese aos servizos de recollida transporte e tratamento de residuos domésticos e Punto Limpo, polos que o Concello do Porriño abona á empresa que realiza o servizo máis de 500.000 euros anuais, ou á limpeza viaria, que custa preto doutros 500.000 euros anuais. “Estes contratos, no referente ao lixo realizado de forma verbal, superan o millón de euros no Porriño, cando en concellos limítrofes como Tui ou Mos custan a metade. E este prezo tan elevado non se traduce nunha mellor calidade dos servizos, senón todo o contrario”.

 

 

 

 

“Estes servizos supoñen contratos por valor dun millón de euros para o Concello do Porriño. Cada ano gástanse cantidades moi elevadas a pesar de que en concellos limítrofes se paga a metade”, sinalan

 

 

 


O problema, segundo os populares, é que ninguén do Goberno local exerce a súa función de revisar, coordinar ou esixir resultados, o que se traduce nun despilfarro dos cartos municipais sen resultados. Por iso, no pleno o PP esixe que, tal e como se inclúen nos contratos ou acordos asinados coas empresas, e dado que ninguén do Goberno local se encarga de xestionar estes servizos, o Concello do Porriño encargue unha auditoría da xestión dos servizos e melloras ofertadas pola empresa para comprobar que se está facendo ben o acordado.


“Xestionar non é contratar un servizo a unha empresa e despreocuparse. Xestionar supón supervisar, percorrer as rúas, revisar o traballo, comprobar que todo o que se recolle nos contratos está feito e ben realizado”, conclúe Lorenzo.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.108

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.