Domingo, 21 de Diciembre de 2025

Xornal21.es
Sábado, 10 de Julio de 2021 Tiempo de lectura:
MOS

A Xunta asesora en Mos a 24 concellos na aplicación das directrices da paisaxe

Esta semana tivo lugar no pazo de Mos unha xuntanza de 24 alcaldes e alcaldesas co director do Instituto de Estudos do Territorio (IET), Francisco Barea. A alcaldesa de Mos Nidia Arévalo acudiu acompñada do edil de Medio Ambiente Leo Costas.


O director do Instituto de Estudos do Territorio (IET), Francisco Barea, animou esta mañá a 24 concellos da provincia de Pontevedra a implicarse e colaborar na aplicación práctica das Directrices da Paisaxe de Galicia, a primeira ferramenta deste tipo coa que conta a Comunidade e que entrou en vigor o pasado 20 de febreiro.


Así llo trasladou a unha representación de técnicos e responsables municipais dos concellos de Mos, Fornelos de Montes, O Porriño, Redondela, Tui, Gondomar, Mondariz, Nigrán, Mondariz Balneario, Baiona, O Covelo, Tomiño, A Cañiza, Oia, Crecente, O Rosal, Arbo, A Guarda, As Neves, Salceda de Caselas, Soutomaior, Vigo, Ponteareas e Salvaterra do Miño no transcurso dunha xuntanza informativa celebrada no auditorio Pazo de Mos.


Cómpre lembrar que a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda leva catro meses celebrando este tipo de reunións para dar a coñecer a nivel municipal o contido e finalidade das Directrices. Neste sentido, Francisco Barea sinalou que están pensadas como unha nova ferramenta de protección, xestión e conservación da paisaxe, coa que Galicia afianza a súa actual posición á vangarda do país nesta materia.


A alcaldesa manifestou ao respecto estar moi contenta de acoller esta reunión nun emblemático lugar como é o Pazo de Mos, que ademais se atopa ao seu paso do camiño de Santiago e é un exemplo de integracion paixasistica cumprindo coas directrices marcadas pola da Consellería.


A Xunta pon en valor este tipo de encontros porque é moi importante que se coñeza o seu alcance, por canto recolle normas e directrices que deberán integrarse na totalidade de iniciativas que se promovan no territorio galego. En definitiva, búscase compatibilizar a protección e mellora da paisaxe co desenvolvemento económico de Galicia.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.