PONTEAREAS
O PP fará unha campaña informativa "sobre a subida salarial do bipartito"
Os populares lémbranlle a BNG-PSOE que os datos son públicos e que calquera cidadán pode comprobar o escandaloso aumento do custo de Goberno
O Grupo Municipal do PP sae ao paso das acusacións de BNG-PSOE, que tacha de mentira a subida do custo do Goberno, cunha pequena campaña informativa con datos oficiais publicados pola administración.
“Aínda que son datos públicos parece que o bipartito ten ganas de darlle a volta á tortilla. Teñen que asumir as súas decisións. Son o Goberno máis caro da democracia de Ponteareas e só nos últimos dous anos incrementouse nun 95% o custo que supón o Goberno aos cidadáns de Ponteareas, de 186.000 euros en 2014 pasamos a 364.000 euros”, explican os populares.
“Néganse a aceptar a realidade por iso, #ante as dúbidas que se sementaron ao redor deste tema e a acusación que nos fixeron de mentir, decidimos resolver o tema facendo unha pequena campaña informativa”
O Grupo Municipal do PP resolve así este debate e chama ao bipartito para reflexionar sobre a necesariedad desta subida salarial e ampliación de dedicacións, tendo en conta que funcionarios do consistorio están á espera de percibir atrasos nas súas nóminas e complementos que non lle foron abonados.
Por outra banda o PP tamén lles lembra que foi en 2016 cando o Concello de Ponteareas, tras o plan de axuste impulsado polo PP, saneou as súas contas. “Isto non quere dicir que se poida malgastar. Hai que ser responsables co diñeiro público e desde logo o bipartito xa deu mostras de non selo. Esperamos que recapaciten e que o próximo ano fagan unha baixada xeneralizada deste custo”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.49