Lunes, 13 de Abril de 2026

Actualizada Lunes, 13 de Abril de 2026 a las 19:31:27 horas

Xornal21.es
Domingo, 11 de Julio de 2021 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

A Estación Fitopatolóxica Areeiro aconsella manter a vixianza ante o mildio

O centro dependente da Deputación destaca a presenza de mildio larvado nos predios máis frondosos e recomenda labores culturais de aireación dos acios

A Estación Fitopatolóxica Areeiro, centro dependente da Deputación de Pontevedra, acaba de lanzar un novo aviso fitosanitario no que aconsella manter a vixianza ante o mildio. Na observación levada a cabo esta semana, observouse que un 40% das viñas tiña mildio larvado, aínda que se trata de focos illados, polo que recomenda renovar os tratamentos e realizar unha vixilancia periódica das viñas. Do mesmo xeito, dende Areeiro recomendan labores culturais de aireación dos acios incluíndo as esfollas..

 

O persoal da Estación Fitopatolóxica Areeiro advirte que a climatoloxia dos vindeiros días será favorable á aparición de oídio, co que hai que manter un alto nivel de vixilancia e seguir con atención a evolución da enfermidade. No caso do botrite, atopáronse algunhas roturas fisiolóxicas que poden dar entrada a este patóxeno, aínda que non se espera que aumenten polas escasas previsións dun incremento da humidade.  Sen embargo Areeiro aconsella que nas variedades máis sensibles a este patóxeno, como Godello ou Treixadura, se aplique un tratamento antes de que o acio peche completamente e estea compacto.

 

Pola súa banda en canto ao moteado da maceira, debido á elevada humidade dos últimos días, aconséllase aplicar un tratamento, extremando as precaucións nas variedades máis próximas á colleita. Xa no que respecta ao buxo Areeiro prevé que as eirugas, debido á mellora na climatoloxía, comecen a desenvolverse máis rapidamente co que hai que incrementar o nivel de alerta e tratar no caso de observar avances na sintomatoloxía.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.