Vigo
Renfe suprime o tren rexional directo entre Ponferrada e Vigo
ENFE vai modificar o vindeiro día 19 de Xullo a circulación do tren rexional 12611 con saída de Ponferrada ás 6.15 h. e chegada a Vigo Guixar ás 11.27 h, con paso por Ourense ás 9.04 h, suprimindo este servizo ferroviario directo. A partir desta data o tren rematará o seu servizo en Ourense. E sairá de Ourense a Vigo Guixar outro tren (12605) ás 11.35 h. con chegada ás 13:35 h.
Esta modificación supón para as cidades e vilas de Ourrense e do sur de Lugo, entre Ponferrada e Ourense (Quereño, Sobradelo, O Barco, A Rúa, San Clodio, Monforte, Os Peares entre outras) quedar sen servizo directo que as comunique coas vilas e cidades entre Ourense e Vigo (Ribadavia, Filgueira, Frieira, Arbo, Salvaterra do Miño, Guillarei, Porriño ou Redondela entre outras).
Supón ademais un transbordo de máis de dúas horas e media para os viaxeiros destas poboacións. Non se entende que mentres estase a reducir os tempos de viaxe entre Galiza e Madrid, RENFE aumente os tempos de viaxe no único servizo rexional que une Ponferrada, Lugo, Ourense e Vigo.
Este cambio na comunicación por ferrocarril entre Ponferrada e Vigo tradúcese nun tempo de viaxe de 7 horas e 15 minutos para percorrer 287 km que separan estas cidades, o que lle concede unha velocidade media de 40 km/h. Os viaxeiros que suban no Barco ou na Rúa para dirixirse a Vigo pasarán das 4 horas e media ás 6 horas e media para o mesmo percorrido.
A modificación que RENFE vai facer supón alonxar aínda máis aos cidadáns do rural ourensán, e das zonas máis afectadas polo despoboamento de Lugo e Pontevedra do transporte público por ferrocarril.
A empresa xustifica esta demora na saída do tren dende Ourense pra servir como enlace ao Alvia que chega de Madrid a Ourense as 11.22 h. e que cambiará o seu itinerario para chegar a Vigo Urzáiz polo By-pass de Santiago e Pontevedra. Non entendemos que se supediten as necesidades dun servizo público por ferrocarril da poboación fundamentalmente do rural galego, únicamente a unha visión centralista de ultraconexión con Madrid, empeorando tempos de viaxe nos desprazamentos internos entre poboacións do rural galego.
CGT remitiu carta a Dirección de RENFE protestando por este empeoramento dos servizos ferroviarios no rural galego e a Xunta de Galiza e os grupos políticos pra que requiran de RENFE e Fomento a paralización de esta modificación do único tren rexional Ponferrada-Vigo con paradas nas estacións e apeadeiros do seu percorrido, servizo ferroviario que vertebra o territorio galego entre León, Ourense, Lugo e Pontevedra o longo do río Miño e Sil.
CGT tamén se vai a poñer en contacto cos alcaldes dos Concellos afectados por este empeoramento do servizo ferroviario, pra que fagan chegar a sua protesta o Ministerio de Mobilidade e Axenda Urbán e a propia RENFE, continuando ca campaña ONDE ESTÁ O MEU TREN? Iniciada o pasado 7 de Xuño e na cal reivindicamos a reposición dos servizos ferroviarios rexionais suprimidos por mor da pandemia.
Lembremos que RENFE repuxo o 100% dos servizos de Longa Distancia Madrid-Galiza, pero aínda continua co 57% de servizos rexionais suprimidos no ámbito de Galiza.
Achegamos as cartas remitidas a RENFE e a XUNTA de Galiza, xunto co horario actual do tren 12611 e a sua modificación.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149