O PORRIÑO
Máis de 17.400 parcelas pasan a ter consideración de chan urbano no Porriño
O concello informará á veciñanza sobre o Catastro e Oral
O Concello do Porriño habilitará un espazo de información á veciñanza, dende hoxe, no salón de plenos para aclarar as dúbidas e consultas sobre a actualización da calificación das parcelas, realizada pola Xerencia Territorial do Catastro en aplicación da lexislación vixente de ámbito estatal.
O punto de información será atendido por funcionarios da Xerencia Territorial do Catastro e do Organismo de Recadación de Administración Local (ORAL). Funcionará de luns a venres, de 9:00 a 14 horas.
Esta atención personalizada aos contribuíntes foi solicitada polo Concello ao Catastro e ao ORAL á vista das numerosas demandas de aclaración que chegan ás dependencias municipais e a través da "app" "O Porriño Informa".
Hai que ter en conta que nada menos que 17.400 parcelas (dende a última revisión de valores que data de 1985) pasan a ter consideración de chan urbano e polo tanto pasan do padrón de rústico ao de urbana. Esta revisión tamén terá como referencia os valores catastrais de 1985 aos efectos dos recibos do IBI.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.108