Jueves, 05 de Febrero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Martes, 20 de Julio de 2021 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

Lombos e pasos de peóns sobreelevados para “calmar” o tráfico entre O Porriño e Mosende

O Servizo de Infraestruturas da Deputación de Pontevedra fixo chegar ao Concello do Porriño as actuacións previstas no "III Plan Móvese" para aumentar a seguridade viarias nas estradas provinciais que, no que atinxe a este municipio, proxectan instalar "lombos" e pasos de peóns sobreelevados, na E.P. 2401. Concretamente nun treito de 5 quilómetros entre O Porriño e Mosende, proxéctanse 5 redutores físicos de velocidade (lombos) e 8 pasos de peóns sobreelevados.

 

Ademais estas actuacións de calmado do tráfico levarán aparelladas pequenas reformas dos tramos de beirarrúas e dos espazos de aparcadoiro ao carón dos pasos de peóns para facilitar a visibilidade neses treitos da estrada.

 

As actuacións definidas polos técnicos da Deputación son produto dun proceso participativo co Concello do Porriño e despois dun traballo de campo para analizar as necesidades demandadas para deseñar as solucións técnicas en cada caso.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.108

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.