PONTEAREAS
O CN Ponteareas logra bos resultados estatais e autonómicos
Yoel Faro acadou dous bronces no campionato de España alevín, mentres que o equipo volveu do Campionato Galego con varias medallas, entre elas o primeiro ouro en 4x200 libre masculino absoluto do club
O concelleiro de Deportes, Miguel Bouzó, quere trasladar os parabéns do goberno local ao Club Natación Ponteareas, que esta fin de semana acadaou importantes logros nas dúas citas pendentes, o Campionato de España alevín e o Campionato Galego júnior-absoluto de Ourense.
Por unha banda, na cita estatal celebrada en Tarragona, o nadador Yoel Faro acadou dúas medallas de bronce en 100 e 200 m braza, acadando a súa mellor marca nestas categorías. Tamén se clasificou para todas as finais das súas probas, acabando no 8º posto nos 400 m estilos e o 1º no 200 m estilos.
Grande actuación tamén do club ponteareán no campionato galego que se disputou en Ourense, con varias medallas individuais e nas probas de remudas. Entre elas destaca o ouro en 4x200 libre masculino absoluto conseguido, a primeira medalla nesta modalidade para o club. Ademais, o CN Ponteareas declarouse subcampión na clasificación xeral conxunta, quedou no terceiro posto co equipo feminino e no sexto co masculino.
![[Img #70365]](https://xornal21.com/upload/images/07_2021/6846_remudas-femininas-campionato-galego-01.jpg)
Uns resultados que “reflicten o enorme traballo que fan cada día as nadadoras e nadadores nos adestramentos. Parabéns a todo o equipo e tamén ao club, que está a desenvolver un gran traballo na formación de novos valores deportistas”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.49