GALICIA
Mexillón de río para mellorar a calidade das augas fluviais galegas
A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda coñeceu os traballos de investigación do Centro ictioxénico do Veral sobre esta especie
A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, apostou por incrementar as poboacións de mexillón de río para mellorar a calidade das augas fluviais galegas e as poboacións piscícolas que habitan nas mesmas.
A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, visitou esta semana o Centro ictioxénico do Veral, en Lugo, para coñecer os traballos de investigación que se están a facer sobre a Margaritifera margaritifera, onde recordou que se trata dunha das especies máis ameazadas do planeta e etiquetada como en perigo de extinción, tanto no catálogo galego como no estatal, e en perigo crítico para Europa.
Tal e como o describiu a conselleira, este bivalvo de auga doce “é a xoia descoñecida dos ríos galegos” e ten unha función como biofiltrador moi importante, extraendo da columna de auga algas, bacterias e partículas de materia orgánica. Nese sentido, o seu declive ten consecuencias directas para o sistema acuático.
Ángeles Vázquez recorda que este bivalvo é unha das especies máis ameazadas do planeta e Galicia, un dos seus últimos refuxios, acubilla á maior poboación ao sur de Europa
A conselleira indicou que, “sendo Galicia un dos seus últimos refuxios” e onde se atopa o maior número de poboacións do sur de Europa, era necesario establecer mecanismos para reintroducir e mellorar a situación do mexillón de río, así como fomentar a sensibilización da sociedade galega con esta especie.
Por esta razón, a Xunta e a Universidade de Santiago de Compostela abriron vías de colaboración, para a elaboración de traballos de investigación que melloren o proceso de cultivo. Recordou que o pasado ano ambas entidades asinaron un convenio de colaboración por un importe de 85.000 euros que está vixente ata o ano 2023.
Indicou que as primeiras accións estaban pensadas para reforzar as poboacións da bacía do Ulla, onde se realizaron accións para mellorar o hábitat, pero agora –vendo as enriquecedoras sinerxías entre os técnicos e os xestores de ambas entidades- “xa se pon a mirada no resto dos ríos galegos”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.20