Sábado, 14 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Jueves, 22 de Julio de 2021 Tiempo de lectura:
SALCEDA DE CASELAS

O CDL do Torrón estreará unha nova cuberta

Nestes días darán comezo en Salceda as obras de cambio de tella do CDL O Torrón, en Entenza. Un centro dedicado á promoción económica,  emprego e formación.


Os traballos consisten na desmontaxe da tella cerámica, cumbreiras, limas, brocas, e demais puntos singulares da cuberta. A nova cuberta será de tella cerámica curva envellecida 40x15 cm., en dúas fases. Instalarase  tamén un sistema de recollida de augas pluviais nos beirados da cuberta.


O proxecto ascende a 39.984 euros máis IVE que asumirá o concello con fondos propios, con cargo ao orzamento municipal, dentro do plan de mantemento e conservación de edificios municipais.


Proximamente tamén se farán investimentos nos sistemas informáticos do centro coa montaxe dun servidor.
Esta obra de mellora súmase á instalación do sistema de climatización en todas as estancias do centro, que na actualidade conta con distintas aulas: unha polivalente, aula de informática, aula de cociña e de ebanistería.

Ademais de despachos de emprendedores/as, salas de xuntas e salón de actos. Este centro acolle ademais o servizo de orientación laboral, con dúas persoas e un técnico de emprego. Ao longo destes últimos tempos desenvolvéronse varios cursos de formación como atención sociosanitaria ou operario/a de automoción, ademais dun programa integrado de emprego con 100 persoas desempregadas e cursos de formación da Aula Mentor.
Verónica Tourón, alcaldesa e responsable da área de emprego e formación, “estamos a facer investimentos importantes neste centro de desenvolvemento local que acolle o servizo municipal de promoción económica que xa é referente na comarca. Un servizo prioritario que atende máis de 2000 consultas anuais”.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.11

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.