GALICIA
Incentivos para reformar vivendas e aforrar enerxía
Dende a Xunta de Galicia dispoñen de programas que están dirixidos aos particulares, comunidades de veciños e administracións locais, co fin de mellorar o patrimonio edificatorio da Comunidade
A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda ten publicadas no Diario Oficial de Galicia varias Resolucións polas que se convocan distintas axudas para promover a conservación e a rehabilitación dos inmobles.
O obxectivo dos distintos programas dirixidos a particulares, comunidades de veciños e administracións locais é mellorar a patrimonio edificatorio da Comunidade galega. Así, está aberto o período para solicitar axudas ao abeiro do programa de fomento e rexeneración urbana nas áreas de rehabilitación integral dos Camiños de Santiago (1,3 millóns de euros), do Parque Nacional das Illas Atlánticas (32.000 euros), da Ribeira Sacra (850.000 euros) e o programa de infravivenda rural (case 275.000 euros).
Doutra banda atópanse en tramitación os programas para rehabilitar inmobles e vivendas de titularidade municipal para destinalas ao alugueiro social (1,7 millóns de euros) e de conservación e mellora de accesibilidade das vivendas (680.000 euros).
Asemade foi convocado o programa do Fondo de Cooperación cos concellos, dotado con más de 4 millóns de euros. Con este programa, xunto coa ampliación de crédito dos outros programas convocados, a Xunta de Galicia prevé poder atender a máis de 2.300 solicitudes.
Rehabilitación nas tres ARI supramunicipais
O Instituto Galego da Vivenda e Solo xestiona directamente as tres áreas de rehabilitación integral de carácter supramunicipal que están declaradas na Comunidade galega, son a ARI do Camiño de Santiago (na que se integran 126 concellos), a do Parque Nacional Illas Atlánticas de Galicia (4 entidades locais) e a da Ribeira Sacra (25 municipios).
As actuacións que se poderán levar a cabo son obras e traballos de mantemento nas vivendas unifamiliares e nos edificios, mesmo no interior, a fin de adecualos, e obras de demolición de edificios e vivendas e obras de nova construción.
Os beneficiarios desta liña de axudas, comunidades de persoas propietarias e persoas físicas –ou titulares dunha concesión, no caso da ARI do Parque nacional-, dispoñen ata o 30 de setembro para presentar unha solicitude.
Así, os solicitantes poderán recibir ata 4.000 euros por cada vivenda obxecto de rehabilitación e que se incrementará en 1.000 euros sempre e cando se adapten á Guía de cores e materiais. Asemade, cando o beneficiario sexa menor de 35 aos e resida nun concello de menos de 5.000 habitantes, o importe da axuda incrementarase nun 25%.
Fondo de cooperación
A Xunta convocou o pasado mes de xuño no Diario Oficial de Galicia as axudas do Fondo de cooperación para o apoio ao financiamento de actuacións de rehabilitación e conservación do patrimonio construído en concellos de menos de 50.000 habitantes.
Trátase dun programa creado en 2017 polo Instituto Galego de Vivenda e Solo e que na actual convocatoria –a de 2021- reserva case 4,5 millóns de euros. Os concellos interesados en participar no mesmo dispoñen ata o 1 de outubro para presentar as súas solicitudes.
A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda invitou aos concellos galegos a presentar os seus proxectos e beneficiarse deste crédito, que deberán devolver a administración galega nun prazo de oito anos sen xuros. Recordou que os incentivos serven para levar a cabo actuacións de rehabilitación, así como para adquirir inmobles para a súa posterior recuperación.
Axudas directas aos concellos
A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda vén de confirmar a concesión de axudas por un importe de máis de 1,5 M€ coas que se rehabilitarán 42 vivendas de titularidade municipal en 20 concellos galegos.
O Instituto Galego de Vivenda e Solo está a avanzar na resolución das axudas, convocadas por esta entidades en marzo, presentadas polos concellos galegos, para mellorar o parque inmobiliario da súa propiedade e poder destinalo a alugueiro social. Grazas a estes 20 proxectos disporanse de máis de 40 novos fogares para facilitar o acceso a unha vivenda en alugueiro a senllas familias.
Os inmobles cos que se disporán de 42 vivendas, tras a rehabilitación, están ubicados nos concellos da provincia da Coruña de Santiso (1), Curtis (2) e na Baña (2); na provincia de Lugo, Alfoz (1), Sarria (5), A Fonsagrada (2) e Paradela 2); nos concellos ourensáns de A Veiga (8), Cartelle (1), Riós (2), Trives (1), Taboadela (3), Os Blancos (2), Ramirás (1) Lobios (2), Porqueira (1), Cortegada (1), A Merca (2); e –por último- en Dozón (1) e A Lama (2), na provincia de Pontevedra.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.103