MOTOR
Os asentos Advanced Comfort para un benestar máximo
Tras meses nunha casa que para moitos se transformou en oficina, as paredes domésticas empezan a mostrar inevitablemente os seus límites e empúxannos a unha fuxida espontánea cara a novos destinos.
Co incremento das vacinacións e o progresivo final das restricións, increméntanse tamén os desprazamentos de todo tipo: das pequenas escapadas á programación das vacacións de verán, xa sexan unha simple viaxe ao lugar habitual de veraneo ou un roteiro descubrindo novos destinos. En calquera caso, o coche segue sendo un medio de transporte seguro, case unha continuidade da protección que nos achega o ámbito doméstico. E a viaxe convértese nunha auténtica experiencia de confort se se efectúa a bordo dun modelo Citroën.
Entre os elementos que contribúen a crear o confort a bordo, os asentos xogan un papel decisivo. Os asentos Advanced Comfort cóntanse entre as máis auténticas innovacións de Citroën. Lanzados en 2018, e dispoñibles hoxe en diferentes modelos: SUV Citroën C5 Aircross, SUV Citroën C5 Aircross Hybrid, Novo Citroën C3, Novo Citroën C4, Novo Citroën ë - C4 - 100% ëlectric e agora tamén no Novo SUV Citroën C3 Aircross. Ademais destes modelos que xa figuran na gama, no futuro montaranse tamén no buque insignia Citroën C5 X, que quere redefinir o concepto de máximo confort e da serenidade nas viaxes.
Os asentos Advanced Comfort transmiten un confort visual inmediato que se percibe desde a primeira ollada grazas ao tapizado realzado polas costuras que crean un elemento gráfico distintivo. O confort percibido apenas se accede a bordo está garantido por unha escuma de alta densidade, de 15 mm de grosor, no estrato superficial que crea un abrandado que mantén o corpo desde o primeiro contacto. Os asentos Advanced Comfort aseguran, ademais, un confort dinámico optimo grazas a unha escuma de alta densidade na parte estrutural interna que ofrece unha suxeición eficaz, sobre todo en viaxes longas.
Finalmente, o excelente confort postural durante a condución queda garantido polo propio deseño do asento cun tallo e un respaldo anchos e envolventes, un mantemento reforzado, a dispoñibilidade, en opción, da regulación lumbar dos asentos dianteiros, a calefacción dos asentos, a función de masaxe e os amplos e cómodos reposabrazos integrados.
Unha potente combinación que demostra o constante compromiso da marca para ofrecer aos seus clientes unha experiencia de condución dentro dun confort de referencia, manténdose fiel á idea iniciada hai 100 anos.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.40