REDONDELA
Melloras na Escola Infantil As Marismas en Redondela
O director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey, visitou a semana pasada o centro de educación infantil
A Xunta de Galicia vén de licitar as obras de mellora na escola infantil pública As Marismas de Santa Mariña que contarán cun investimento de máis de 96.000 euros cofinanciados entre o Goberno galego e o Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional. Así o anunciou o director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey, na súa visita ao centro infantil de Redondela, onde concretou que o prazo de presentación de ofertas se abriu o pasado mércores, día 21.
O representante autonómico explicou que as reformas se executarán principalmente durante o mes de agosto, e que consistirán na substitución de todas as carpinterías exteriores do centro. Esta escola infantil pública de titularidade autonómica conta con seis aulas que permiten acoller a 94 nenos e nenas de entre 0 e 3 anos.
Durante a visita Jacobo Rey subliñou o compromiso da Administración autonómica cos proxectos dirixidos aos máis novos, xa que eles constituirán a sociedade do futuro e deben recibir a mellor formación posible coas maiores garantías. O director xeral tamén recoñeceu o labor do persoal deste centro, dedicado a educar e coidar aos máis pequenos.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.213