Miércoles, 15 de Abril de 2026

Actualizada Martes, 14 de Abril de 2026 a las 20:46:44 horas

Xornal21.es
Martes, 27 de Julio de 2021 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

SmartPeme pon en marcha esta semana outros tres obradoiros online

O programa de asesoramento tecnolóxico da Deputación oferta cursos sobre a promoción dun negocio, estratexia SEO/SEM ou como mellorar o footer da web

A Deputación de Pontevedra, a través de SmartPeme, oferta esta semana tres novas accións formativas impartidas de xeito online, da carteira de obradoiros que se imparten de forma telemática. As accións versan sobre como promocionar un negocio con Google my business, como elixir as palabras clave para elaborar unha estratexia SEO/SEM e como mellorar o footer dunha web.

 

En concreto, este martes 27 impartirase o obradoiro “Promociona o teu negocio con Google My Business”, no que o Licenciado en Comunicación Audiovisual, Adrián Fernández, falará da ferramenta Google enfocada a negocios locais que busquen unha maior visibilidade e un maior aproveitamento dos pequenos comercios da súa potencial clientela.

 

O mércores 28, María Aller, Licenciada en Publicidade e Relacións Públicas, impartirá “Aprende a elixir as palabras clave para a túa estratexia seo e sem”, obradoiro no que explicará a importancia do posicionamento nos motores de procura da man dunha acertada selección de palabras clave.

 

Para finalizar, o xoves 29, “Como mellorar o footer da túa web”, onde Fátima Faílde, graduada en Publicidade e Relacións Públicas, explicará que é e amosará o xeito de sacar o máximo partido a esta sección.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.119

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.