REDONDELA
Concellería de Seguridade e Policía Local acordan “compensacións” no colectivo policial
O borrador do documento foi presentado o venres ao Comité de Empresa para presentalo, na vindeira semana, á Mesa de Negociación
A Concellería de Interior e Seguridade, que xestiona a alcaldesa Digna Rivas, e a Policía Local de Redondela chegaron, a semana pasada, a un principio de acordo –plasmado nun borrador– polo que se da resposta ás “lexítimas reivindicacións” do colectivo policial no que fai referencia á compensacións por nocturnidade e festividades “algo que veñen reclamando dende hai anos sen que ninguén lles escoitara”, afirma.
“Dende o primeiro día en que asumín as competencias de Interior e Seguridade Cidadá –recalca a alcaldesa– mantiven reunións, a través o Comité de Empresa e Mesa de Negociación, “para atopar unha solución, o máis rápida posible, a un asunto que facía referencia a algo tan sensible como a seguridade cidadá”.
Rivas subliñou que circunstancias como as dadas nestes pasados días, en que o servizo quedou sen persoal, “e que non se poden volver a repetir”. En todo caso, a alcaldesa e concelleira de Seguridade subliñou que esa “circunstancia extraordinaria” viu dada por baixas laborais de ultima hora e que, polo tanto, eran impredecibles.
Nese sentido a alcaldesa e concelleira de Seguridade adiantou que, en colaboración co xefe da Policía Local, elaboráronse cadrantes semestrais “nos que se recollan todas as posibles incidencias que se poidan dar e que, polo tanto, permitan que o servizo estea sempre atendido”.
O traballo realizado nestes días permite que, en menos dunha semana, se dea solución a un problema que vén de moitos anos atrás e que quede plasmado nun borrador que, segundo explicaba a alcaldesa de Redondela, “presentouse o venres 23 ao Comité de Empresa para, na vindeira semana e logo dos preceptivos informes técnicos –dado que algúns dos temas repercuten no resto do funcionariado–, ser levado á Mesa de Negociación.
Outra das medidas urxentes adoptada pola Concellería de Interior e Seguridade foi a de reforzar o cadro de persoal con catro novos auxiliares de Policía que comezaron a traballar a mediados desta semana “e que foron solicitados no mesmo momento en que asumín as competencias de Seguridade”, aclara Digna Rivas.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.208