REDONDELA
O Concello denuncia os actos vandálicos contra o monumento ás persoas fusiladas
O monumento inaugurado o pasado 14 de abril foi obxecto de pintadas tanto no panel informativo como sobre a propia escultura
O monumento que o Concello de Redondela erixiu en memoria das persoas asasinadas nos primeiros anos da Guerra Civil, inaugurado o pasado 14 de abril na zona do Alto da Concheira, preto de Rande, foi obxecto nestes días de actos vandálicos que afectaron tanto a propia escultura como ao panel explicativo situado a carón desta.
“Estes feitos non son máis que o reflexo da intolerancia dunha minoría ás que lles molesta un sistema democrático que defende a liberdade, a tolerancia e a igualdade”, asegurou a alcaldesa Digna Rivas quen subliñou que esta actitude “expresa un claro odio contra a memoria democrática do noso municipio”.
Pese a actitude desta minoría, o Goberno local redondelán ratifícase na necesidade “de traballar no recoñecemento e reparación das vítimas do franquismo, propiciar actividades de concienciación e coñecemento do sucedido”.
O Concello redondelán actuará axiña para reparar o monumento “para que continúe a ser un faro de memoria”, sinala a rexedora local ao mesmo tempo que lembra que Redondela “asume como propios os valores da liberdade, igualdade e fraternidade que emanan da cultura republicana”.
“O Concello de Redondela rexeita todo discurso e acción de odio contra as persoas pois cremos que só a sociedade coñecedora do seu pasado pode ser unha sociedade educada nos valores democráticos”, conclúe Digna Rivas.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.208