PROVINCIA
Rematan as obras de conservación do Castelo de Soutomaior
Os traballos na cuberta e na fachada da fortaleza, valorados en preto de 90.000 euros, supoñen todo un avance nos criterios de sustentabilidade e eficiencia enerxética
A Deputación de Pontevedra vén de rematar as obras de conservación na cuberta e a fachada do Castelo de Soutomaior, que permitiron solucionar os problemas de filtracións de augas que se viñan producindo nos encontros da fachada cos petos e as ameas pero que, sobre todo, supoñen todo un avance nos criterios de sustentabilidade e eficiencia enerxética. A institución provincial dedicou preto de 90.000 euros a estes traballos, que forma parte do Plan de Conservación e posta en valor do recinto que se iniciou en 2017 con investimentos cara á súa musealización, e que continúa agora cos parámetros sostibles do século XXI. As obras non interferiron coas visitas guiadas nin tampouco co calendario de actividades culturais de verán que se está a celebrar todos os xoves no exterior do recinto, o programa “Tras as ameas”. De feito, unha das premisas foi a de intervir o mínimo o inmoble. Para iso, empregáronse técnicas e materiais compatibles e non agresivas que respectaron en todo momento as características esenciais deste Ben de Interese Cultural.
O investimento no Castelo só en traballos de conservación e mantemento, coa súa musealización como proxecto estrela, supera xa os 2 millóns de euros
En concreto, os traballos focalizáronse na cuberta inclinada, nas cubertas planas transitables situadas enriba da Galería das Damas e das latrinas, no muro da fachada suroeste e tamén nas ameas e nos petos perimetrais. Ao solucionar os problemas derivados da presenza de humidades e da entrada de auga, evítase tamén a posíbel aparición doutras patoloxías no futuro. Os traballos incluíron, no que atinxe ás cubertas, a reparación de gárgolas, a recolocación de tellas, o cambio das fiestras, a substitución do lucernario por un novo de vidro, a limpeza e toma de xuntas das lousas do chan das cubertas transitables ou a execución dunha nova quenlla. No muro realizáronse labores de limpeza e de tratamento puntual de xuntas, e se resolveron as filtracións que se producían nas salas que dan á fachada suroeste.
Na súa aposta por seguir convertendo o Castelo de Soutomaior no gran foco de atracción do turismo vencellado á historia en toda Galicia, a Deputación destina amplos recursos para a conservación e posta en valor tanto da fortaleza como de todo o seu recinto. O investimento do actual goberno provincial no Castelo só en traballos de conservación e mantemento, coa súa musealización como proxecto estrela, supera os 2 millóns de euros.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.139