Domingo, 14 de Diciembre de 2025

Xornal21.es
Miércoles, 28 de Julio de 2021 Tiempo de lectura:
MOS

Mos xa ten a súa propia mascarilla oficial de LA VUELTA 21

O deseño é autoría de Elisa Posada González, alumna de 4º da ESO que o vindeiro curso entrará no Bacharelato de Artes do IES de Mos, e que resultou gañadora do concurso convocado polo Concello

Esta mañá presentouse no salón de sesións do Concello de Mos a mascarilla oficial da etapa de La Vuelta Ciclista a España que rematará no Castro de Herville (Cela) o 4 de setembro.

 

Ademais de presentala recibiuse á gañadora do concurso convocado polo Concello para deseñala, para facerlle entrega do correspondente premio polo seu logro e polo seu gran traballo. Este ano a mascarilla oficial é un deseño de Elisa Posada González, alumna de 4º curso da ESO, que en setembro comezará 1º do Bacharelato de Artes.

 

Todos os participantes no concurso formaban parte do alumnado de 4º da ESO, xa que a convocatoria desde ano centrouse no devandito curso. Presentáronse un total de 33 deseños entre os que resultou gañador o de Elisa. O xurado estivo formado polas ANPAs dos diferentes centros educativos do municipio, Colexios e IES.

 

O deseño gañador, autoría de Elisa Posada, inspírase nas cores dos símbolos municipais: o escudo e a bandeira do Concello de Mos, así como nas montañas de Galicia; segundo ela mesma explicou. Ademais o deseño inclúe o logotipo oficial de La Vuelta 21 e o escudo do Concello de Mos.

 

A alcaldesa, Nidia Arévalo, e a concelleira de Educación, Julia Loureiro, quedaron “marabilladas e moi satisfeitas ante o resultado do deseño da mascarilla de Elisa” polo que a felicitaron e agradecéronllesenormemente a participación aos 33 rapaces e rapazas concursantes.

 

Da mascarilla gañadora estanse a producir varios centos de unidades que serán entregadas como agasallo institucional con motivo da meta da etapa 20 de La Vuelta 2021 en Mos o vindeiro 4 de setembro.

 

No acto desta mañá ademais da gañadora, a alcaldesa e a edil de Educación, estiveron tamén presentes o vicepresidente da ANPA do IES de Mos, Óscar Mariño Bastos, o director do Instituto e os pais de Elisa, moi orgullosos do logro e do talento da súa filla.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.60

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.