GALICIA
Feijóo avanza novos descontos para os usuarios das autoestradas autonómicas
Anuncia tamén a extensión ás 24 horas posteriores da viaxe de ida do desconto do 25% na volta e do 50% na segunda volta para usuarios recorrentes
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, anunciou esta semana novos descontos nas autoestradas autonómicas encamiñados a que as familias numerosas e os usuarios recorrentes diminúan o seu gasto en peaxes.
Así, por unha banda, bonificarase o 100% da viaxe de volta ás familias numerosas nas estradas que conectan A Coruña-Carballo e Vigo-Baiona. Unha medida, que tal e como explicou, beneficiará a preto de 27.000 familias e será compatible con outros descontos xa en vigor como a rebaixa do 50% en horario nocturno, que se activou en 2019.
E por outra, estenderase ás 24 horas posteriores da viaxe de ida o desconto do 25% na volta e do 50% na segunda volta para usuarios recorrentes co obxectivo de favorecer especialmente a aqueles galegos e galegas que acceden a servizos públicos ou a colectivos específicos cuxas quendas se estenden máis alá desas 24 h.
Finalmente e en relación ao anuncio por parte do Goberno de central de aplicar descontos na AP-9, Feijóo congratulouse de que parte das demandas da Xunta fosen atendidas, aínda que lamentou que non fose así no caso da peaxe de Redondela e dos descontos para vehículos pesados. A este respecto, lembrou que, ao tempo que se facían estas reclamacións, a Xunta predicaba co exemplo coa aplicación de bonificacións no ámbito das súas competencias, convertendo as autoestradas galegas nunhas das máis baratas do Estado.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.49