Jueves, 05 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Domingo, 01 de Agosto de 2021 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

A AAVV San Benito e San Sebastián pide maior limpeza e presencia policial

A directiva da AAVV San Benito e San Sebastián do Porriño pediu esta semana, tras as queixas de varios veciños, que a Policía Local do Porriño, teña unha maior presenza e mellor vixiancia nos barrios do Porriño, ante a demanda dos veciños que nos últimos días están a sufrir varios altercados.
 
 
Dende a diretiva informan que nos últimos días estanse a producir actos vandálicos no barrio que afectan a coches de particulares e mobiliario urbán, polo que veñen de solicitar por escrito unha maior presenza e mellor vixiancia dos barrios para que estes feitos deixen de producirse.
 
 
Asimesmo, a directiva, solicitou en días pasados, unha maior presenza dos servizos de limpeza e xardíns para mellorar a imaxe do barrio. "Sabemos que en verán medra a vexetacion e por iso solicitamos un reforzo tanto nos barrios do Porriño, especialmente no parque infantil, no cementerio e no paseo do Louro, que precisa unha actuación integral de corta e limpeza". 
 
 
A directiva aproveitou tamén para pedir unha reforma do Parque Infantil, que se atopa en moi mal estado "o barrio precisa un parque infantil máis moderno como os que xa existen noutras zonas do casco urbán".
 
Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.108

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.