Lunes, 02 de Marzo de 2026

Actualizada Domingo, 01 de Marzo de 2026 a las 20:53:17 horas

Xornal21.es
Miércoles, 04 de Agosto de 2021 Tiempo de lectura:
TUI

O Museo Diocesano de Tui reabre as súas portas

Destaca a presenza dos Sambenitos, pezas únicas do legado xudeu da cidade

Dende este mércores, 4 de agosto, poderá volver visitarse o Museo Diocesano de Tui, en horario de 11 a 14 h  e de 18 a 20 h de luns a venres. O donativo para a entrada é dun euros. Será grazas ao acordo acadado entre o Concello de Tui e o Bispado da Diocese de Tui-Vigo.


O Museo Diocesano, situado no antigo Hospital de Pobres e Peregrinos, na praza do Concello, custodia valiosas pezas do patrimonio tanto de Tui coma da comarca do Baixo Miño.


Destacan os s  Sambenitos atopados nos anos 80 na Catedral de Tui, pezas destacadas do patrimonio xudeu tudense, poden visitarse de novo este verán no Museo Diocesano.  No terceiro andar do edificio expóñense cinco lenzos cos 14 sambenitos dos que 10 son os orixinais e 4 son copias, xa que os orixinais atópanse agora no Museo Catedralicio.


O Museo Diocesano acolle tamén outras pezas vinculadas á cultura xudía coma é o caso da cruz parroquial do Porriño do século XVII do prateiro converso Joâo de Sousa. Forma parte da colección de pratería onde destaca tamén a cruz parroquial de Mos.


Na visita podemos realizar un percorrido pola historia a través de pezas coma o casco celta do século III-II a.c atopado en Caldelas, xunto a outros elementros atopados en escavacións realizadas na zona, que se atopan expostos na planta baixa.


Posúe o Museo Diocesano unha importante colección de arte sacro procedente das igrexas da Diocese de Tui-Vigo, destacando a pintura renacentista de Juan de Juni da “Virxe co neno”. Tamén conta cunha colección de cadros con retratos de bispos, entre eles Rosendo Salvado.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.