Domingo, 01 de Marzo de 2026

Actualizada Domingo, 01 de Marzo de 2026 a las 20:53:17 horas

Redacción / Xornal21.es
Martes, 03 de Agosto de 2021 Tiempo de lectura:
TUI

Perde a vida un operario que foi atropelado por un chimpín en Tui

Un operario faleceu na tarde de hoxe tras ser alcanzado por unha máquina agrícola mentres traballaba na obra dunha gasolineira no Polígono Industrial de Tui, en Pontevedra.

 

Segundo a información facilitada aos xestores do 112 Galicia por unha persoa particular ao fío das cinco horas desta tarde, o obreiro foi atropelado por un chimpín e necesitaba asistencia médica urxente.

 

Con estes datos, desde o 112 solicitouse a intervención do equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que enviou ata o lugar unha ambulancia para atender o ferido. Desafortunadamente, unha vez no punto, os equipos de intervención nada puideron facer por salvarlle a vida.

 

No operativo tamén colaboraron os axentes da Garda Civil, da Policía Local e os membros de Protección Civil da localidade.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.