O PORRIÑO
Os populares denuncian que o Concello perde unha nova subvención
O PP esixe explicacións ao considerar que “a incompetencia do Goberno local está custando cartos aos porriñeses”
O Goberno local do Concello do Porriño volve a perder unha subvención da Xunta de Galicia por incumprir os prazos de xustificación. Son case 30.000 euros dunha das dúas anualidades do Plan de Mellora de Camiños Municipais 2019-2020, convocado pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER) e que permitía mellorar a pavimentación en Orbenlle. Unha cantidade que, segundo explica o informe do interventor municipal, o Concello do Porriño ten que devolver á Xunta de Galicia por xustificar os investimentos fóra de prazo, xa que o Concello xustificiou os investimentos o 9 de xaneiro de 2020 sendo o prazo máximo establecido o 30 de decembro de 2019.
O voceiro do PP, Alejandro Lorenzo, esixe explicacións ao Goberno local, ao considerar que “a súa incompetencia está custando cartos aos porriñeses. As arcas municipais teñen que facerse cargo da cantidade que hai que devolver á Xunta pola mala xestión local”. Ademais, apunta que non é unha situación puntual e recorda que xa se perderon 40.000 euros para mellorar a praza de abastos tamén por non xustificar en prazo as obras; deixaron sen posibilidade de traballar a 27 desempregados durante un ano; renunciaron a 96.000 euros para organizar cursos de formación para desempregados; tamén rexeitou a subvención da Xunta para instalar unha pista de skate en Torneiros; perdeu 70.000 euros para mellorar a seguridade viaria no Polígono Industrial de As Gándaras por non cumprir os prazos e 192.000 euros para mellorar os polígonos industriais, etc.
Por outra banda, desde o PP tamén cuestionan que a subvención que se xustificou fóra de prazo pagouse á empresa Nexia, a empresa que, segundo sentencia xudicial, facturou máis de un millón de euros “a dedo e con contratos verbais” para o Concello do Porriño nos últimos anos.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.108