NIGRAN
O Concello de Nigrán ofrece este venres o concerto de Argonat Band na Carrasca
O grupo configurado por sete acordeóns, violín, frauta traveseira, gaita, baixo eléctrico e batería versiona aos grandes do rock e pop
O Concello de Nigrán, en colaboración co 'C.C.D. Bolos da Carrasca', ofrece este venres 6 de agosto ás 22:00 horas na Praza da Carrasca o concerto de Argonat Band. O consistorio programa esta actuación para suplir a non celebración este ano da 'Semana Cultural', evento que a entidade suspendeu por precaución sanitaria.
Argonat Band é un grupo de R&R e Pop configurado por sete acordeóns, violín, frauta traveseira, gaita, baixo eléctrico e batería e que fai versións dos clásicos do R&R. Inclúen no seu repertorio clásicos das grandes bandas do R&R (Led Zepellig, ACDC, Mago de Hoz) ; do Pop (Bonnie M) e da música galega (Resentidos, Siniestro Total, Andrés do Barro) buscando a complicidade dun público de todas as idades. Na posta en escea afástanse da presentación clásica dos grupos de acordeonista e achéganse máis a estética do R&R con vestimentas, xogos de luces e efectos especiais propios deste estilo.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149